O Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia o mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.
Historia Este galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas as institucións xuntaron os premios para achegar un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a dotación económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa. A contía ascende así a 3000 euros.
O premio recoñece o percorrido da obra de Ramón Piñeiro e honra o seu espírito libre e democrático. Pretende asemade incrementar a creación en lingua galega, así como fomentar a reflexión sobre os problemas do momento.
Características do premio Poderán participar todas as persoas que o desexaren. Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega. A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caractes. O tema dos ensaios é libre. Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’. Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.
Lista de premiados e obras 2001 - Basilio Lourenço Fondevila, por A submisión das masas. Do poder do progreso ao progreso do poder 2002 - Anxo A. Rei Ballesteros, por Tempo e vinganza 2003 - Xosé Luís Barreiro Rivas, por A terra quere pobo 2004 - Teresa Moure, por Outro idioma é posible. 2005 - Rebeca Baceiredo, por O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo. 2006 - Ramón Area Carracedo e Alexandre García-Caballero, por Psicopatoloxía do retorno. 2007 - María López Sández, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio 2008 - Xosé Ramón Quintana Garrido, Un longo e tortuoso camiño 2009 - Manuel Pérez Rúa, por Domingos de calcetíns brancos. Retratos do cambio social na xeración do 1950 2010 - Ramón Máiz, por A arte do imposible 2011 - Teresa Moure, por Queer-emos un mundo novo."Teresa Moure gana el premio Ramón Piñeiro con una aproximación 'queer' a la literatura" El País 2012 - Xaime Subiela, por Para que nos serve Galiza? 2013 - Xosé María Durán, por Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer nun diálogo con Karl Marx 2014 - Luís G. Soto, por Barthes Filósofo."O profesor Luis García gaña o premio Ramón Piñeiro de Ensaio cunha obra sobre Barthes" 2015 - Santiago Lamas e Alfonso Mato, por De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo. 2016 - Rafael Quintía Pereira, por Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia. 2017 - Xosé Constenla, por O colapso territorial en Galiza. Unha lectura dende o espazo da construción social do país 2018 - Fernando Redondo Neira, por Os amorodos de Bergman 2019 - Xaquín Núñez Sabarís, por Cartografías da narrativa galega contemporánea 2020 - Xosé Manuel Núñez Seixas, por Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo. 2021 - María do Cebreiro, por Maternidades virtuosas. 2022 - Xosé Antón Cascudo por A mística da feminidade en Mad Men. 2023 - Yolanda Castaño por Economía e Poesía: rimas internas. 2024 - Pilar Casal Valiño por Ser humanos. 2025 - Roberto Fernández Álvarez por A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Premio Ramón Piñeiro de Ensaio na páxina de Galaxia Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 23/9/14.
Ramón Piñeiro