Giorgio Demetrio Gallaro, nado o 16 de xaneiro de 1948 en Pozzallo (Italia), é un eclesiástico greco-católico italiano, bispo de Piana degli Albanesi dende o 31 de marzo de 2015.
Traxectoria Naceu en Pozzallo (Sicilia) o 16 de xaneiro de 1948. Rematou os estudos de Filosofía no seminario diocesano de Noto en 1968, e os de Teoloxía no seminario de San Xoán en Camarillo (California). Foi ordenado diácono en 1971, e o 27 de maio de 1972 foi ordenado sacerdote da arquidiocese dos Ánxeles, onde serviu como vigairo parroquial e catequista.
En 1980 licenciouse en Teoloxía litúrxica polo Pontificio Instituto Litúrxico, e en 1981 doutorouse en Dereito canónico oriental polo Pontificio Instituto Oriental.
En setembro de 1987 incardinouse na eparquía greco-melquita de Newton, logo de exercer o seu ministerio na mesma dende 1982, traballando no tribunal matrimonial, como profesor do seminario, como secretario do arcebispo e como vigairo xudicial. Entre 1983 e 1990 foi tamén sacerdote visitante na comunidade grecocatólica ucraína de Manchester.
En 1994 licenciouse en Teoloxía ecuménica pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e posteriormente foi profesor no Seminario Católico Bizantino dos Santos Cirilo e Metodio en Pittsburgh. Compaxinou isto co seu ministerio na arquieparquía de Pittsburgh como vigairo xudicial. Foi tamén consultor da Congregación para as Igrexas Orientais.
O 31 de marzo de 2015 o papa Francisco nomeouno bispo de Piana degli Albanesi. Recibiu a consagración episcopal o 28 de xuño na Divina Liturxia celebrada na catedral de San Demetrio Megalomártir, de mans do bispo de Lungro Donato Oliverio, e tendo como co-consagradores ao bispo de Newton Nicholas Samra e ao exarca de Grecia Dimitrios Salachas. Obra Giorgio Gallaro ten escrito varios libros e numerosos artigos relacionados coas igrexas católicas orientais. Foi tamén autor de moitos artigos en SOPHIA, a publicación da eparquía de Newton, baixo diferentes pseudónimos. Ademais de inglés e italiano, fala francés, castelán, latín e grego, e ten coñecementos de albanés, portugués e árabe. Artigos
Notas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Sicilia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Sacerdotes católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica italo-albanesa Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Litúrxico Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Oriental Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Categoría:Canonistas Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de literatura cristiá Categoría:Membros da Congregación para as Igrexas Orientais