O Marquesado de Misa concedeuno, con Grandeza de España, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, en nome do seu fillo Afonso XIII (menor de idade), por Real Decreto de 21 de outubro de 1889, a Manuel Misa Bertemati, Conde de Baiona.

O marquesado está vacante dende 1954.

Marqueses 1º: Manuel Misa Bertemati (Baiona, 1815-Londres, 1904), dende 1889 ata 1904. 2º: Buenaventura Pablo Misa y Busheroy (Londres, 1868-1944), fillo do anterior, dende 1904 ata 1944. 3º: Enrique Ventura Misa y Davies (Londres, 1893-1954), fillo do anterior, dende 1944 ata 1954.

Véxase tamén Bibliografía Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. : "MISA, Marquesado de" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada : "MISA" (apelido) en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada "Misa, marquesado de" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t.42, p. 54.

Categoría:Baiona Misa