O CEIP Bergantiños é un centro pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado en Carballo. Nel impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos). Leva o nome da comarca de Bergantiños. Está situado na rúa Carballo Calero, e inaugurouse o 25 de maio de 1980.
Información O centro ten 630 alumnos e alumnas. Conta cunha biblioteca, cunha aula de lingua inglesa, aula de relixión católica, ximnasio, secretaría, aula de orientación, comedor, conserxería, dúas aulas do profesorado e aula de música, ademais das aulas do alumnado. Recentemente foi ampliado ao ser incluídas no centro as aulas de educación infantil.
Véxase tamén Ligazóns externas www.edu.xunta.es/centros/ceipbergantinhos/
Bergantiños Categoría:Carballo Categoría:Carballo sen imaxes