O Estadio Nacional de Kasumigaoka (en xaponés: 国立霞ヶ丘陸上競技場, Kokuritsu Kasumigaoka Rikujō Kyōgijō), tamén coñecido como Estadio Nacional ou Estadio Olímpico de Toquio, foi un estadio polideportivo situado en Toquio, Xapón. Inaugurado en 1958, foi a sede principal dos Xogos Olímpicos de 1964 e dos Xogos Paralímpicos de 1964. Contaba cunha capacidade duns 57.000 espectadores. Foi pechado en 2014 e posteriormente demolido para ser substituído polo Novo Estadio Nacional do Xapón, construído para os Xogos Olímpicos de 2020.

O estadio inaugurado en 1958 foi demolido neste ano 2015 para reconstruílo como Novo Estadio Olímpico de Tokyo. Este novo estadio fíxose para albergar a Copa do Mundo de Rugby 2019 e para acoller tamén os Xogos Olímpicos de 2020, aínda que a Copa do Mundo de Rugby non se celebrou nel debido a fortes protestas polos sobrecustos.

Eventos No pasado, este estadio acolleu os Xogos Olímpicos e Paralímpicos do 1964. Tamén se disputaron os Xogos Asiáticos de 1958 e o Campionato do Mundo de Atletismo 1991. Dende o 1980 até o 2001, xogouse aquí a Copa Intercontinental de Fútbol. A maiores, aquí xóganse as finais da Copa do Emperador e da Supercopa xaponesa. No futuro Novo Estadio Olímpico de Tokyo disputarase a Copa do Mundo de Rugby 2019 e os Xogos Olímpicos de 2020.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do estadio (en xaponés)

Categoría:Tokyo