Bathysolea profuncicola é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.Bathysolea profundicola (Vaillant, 1888) en The Taxonomicon.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1888 polo zoólogo francés Léon Vaillant, co nome de Solea profundicola.Bathysolea profundicola (Vaillant, 1888) no WoRMS.

Sinónimos Ao longo do tempo esta especie foi coñecida, ademais de polo nome orixinario arriba mencionado, polos sinónimos:

Bathysolea longisquamis (Chabanaud, 1950) Capartella longisquamis Chabanaud, 1950 Microchirus profundiculus (Vaillant, 1888) Solea greenii Günther, 1889

Etimoloxía Nome xenérico O nome Bathysolea vén da forma do latín científico bathy-, que deriva do grego antigo βαθύς bathýs, "profundo", e o latín científico solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae). Literalmente: "linguado das profundidades". Nome específico O termo profundicola é un adxectivo do latín científico composto polos elementos profundi-, derivado de profundus, -a, -um, "profundo", e -´cola, derivado do verbo colĕre, "habitar". Literalmente, "que vive nas profundidades", o que indica, redundantemente (o que non é raro nos nomes científicos), que esta especie vive sobre fondos de gran profundidade.

Características As principais características este peixe son:Rodríguez Villanueva el al. (1995), pp. 304-305.

Corpo ovalado, pouco alongado, co fociño non prominente, de até os 21 cm de lonxitude como máximo. Ollos máis ben grandes, co superior algo adiantado en relación ao inferior. Dentes pequenos. A aleta dorsal comeza á altura do ollo superior e remata, como a anal, na orixe da aleta caudal. As aletas pectorais son pequenas e extraordinariamente estreitas. As aletas pelvainas están pouco desenvolvidas. A aleta caudal é arredondada. A liña lateral coa rama supratemporal dirixida primeiro cara a arriba e cara a atrás, e despois cara a adiante, formando un "S". As escamas son pequenas, e do mesmo tamaño en todo o corpo. A coloración é apardazada escura no lado pigmentado, e amarela apardazada uniforme, moi clara, no lado cego.

Hábitat e distribución Hábitat Vive en fondos lameiros da plataforma continental, a profundidades de entre os 200 e os 1.300 m.Bathysolea profundicola (Vaillant, 1888) en FishBase. Distribución xeográfica Distribúese polo Atántico oriental, desde Irlanda até Angola, incluíndo as illas Canarias, e polo Mediterráneo. Bioloxía Nutrición Aliméntase sobre todo de vermes poliquetos, e tamén dalgúns crustáceos afípodos. Reprodución Reprodúcese durante o inverno, até o comezo da primavera.

En Galicia A presenza desta especie está citada en augas de Galicia por A. Fernández et al. en 1978 (en: "La pesqueía demersal gallega. Estrategias de pesca para su regulación racional en base a la merluza", Bol. Inst. Esp. Ocean. IV (249): 67-110) e por F. Sánchez e F. J. Pereiro, en 1992 (en "Resultados de la campaña arrastre demersal "Carioca 90" en aguas del Cantábrico y Galicia", en: Inf. Téc. Ins. Esp. Oceanorgr., 127).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. & F. Chapleau (1997): "Taxonomic status of Bathysolea profundicola and B. polli (Soleidae; Pleuronectiformes) with notes on the genus". Ichthyol. 44 (4): 399-412. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos Pleuronectiformes Soleidos Ligazóns externas Bathysolea profuncicola en Encyclopedia of Life. Imaxe e mapa de distribución.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Peixes de Europa Categoría:Animais descritos en 1888 Categoría:Produtos da pesca