O Centro de Arte Fotográfica de Vigo (CAFVI) foi un espazo expositivo que abriu as súas portas en maio de 2015"Abre el Centro de Arte fotográfico de Vigo" Televigo 8/5/2015., e que pechou o 17 de agosto dese mesmo ano.

Historia Inicialmente o proxecto chamouse Centro Galego de Fotografía."O vindeiro ano inauguraráse o Centro Galego de Fotografía" TVG, 4/12/2013. Foi concibido como centro de exposición e investigación de referencia da fotografía galega, e estaba destinado a albergar as colección municipais (arquivo Pacheco, Ksado, Fotobienal e Vigo Visión) e promover a fotografía contemporánea.. "A cidade retratada" en Faro de Vigo, p. 26, 2/6/2015.

A idea xurdiu da Concellaría de Cultura, a cargo entón do BNG, (cando, xunto ó PSdeG, formaba parte do goberno municipal bipartito). O investimento inicial, dun millón de euros, do Ministerio de Cultura de España, procedeu de fondos do Plan-E. Logo, o proxecto estivo detido durante case tres anos, ata que o Concello destinou 379.000 euros para equipamentos."Las obras del Centro Galego de Fotografía se reanudan tras dos años y medio paradas", Faro de Vigo, 26/4/2014 . Finalmente o centro abriu o 7 de maio de 2015, dúas semanas antes das eleccións municipais dese mes.

"Vigo, a cidade retratada", de comisariado non divulgado, foi a exposición inaugural, formada por unha pequenísima mostra de cincuenta fotografías, das cento corenta mil que compoñen o Arquivo Pacheco.: "El Concello desvirtúa el proyecto original del Centro de Arte Fotográfica" La Voz de Galicia, 8/5/2015 . A primeira mostra do centro só estaba programada durante os seus tres primeiros meses de funcionamento, e ocupaba a planta baixa do inmoble (pois o resto non foi acondicionado).

Despois das eleccións, o PSdeG, que obtivo unha maioría absoluta no Concello, xa non dependía do BNG para constituír un goberno municipal, e a Concellería de Cultura volveu ás mans do PSdeG. A consecuencia disto, o centro pechou ao termo da exposición inaugural o 17 de agosto do mesmo ano de xeito provisional, á espera de que o Concello decida cal será o seu destino definitivo.

Durante a súa apertura e nas semanas posteriores ao seu peche, a corporación municipal escusábase en que se estaba a redactar un plan director para fixar os seus usos e contidos estables (chegaron a dicir que antes de que rematase o 2016 produciríase a súa reapertura).

En xaneiro de 2020 trasladouse ao edificio a sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Arquivo Pacheco Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo Ligazóns externas Exposición. Centro de Arte Fotográfica (CAFVI) Vigo, a cidade retratada

Categoría:Museos de Vigo Categoría:Fotografía Categoría:2015 en Galicia