Josep Maria Jujol i Gibert, nado en Tarragona o 16 de setembro del 1879, e finado en Barcelona o 1 de maio del 1949, foi un arquitecto, debuxante, deseñador e pintor modernista catalán. Dedicouse á docencia tanto na Escola d'Arquitectura como na Escola del Treball, tamén en Barcelona. Foi arquitecto municipal de Sant Joan Despí, onde se atopan moitos dos edificios que construíu.
Foi un salientable aquarelista e debuxante, e creou todo tipo de obxectos e elementos complementarios como mobles, lámpadas ou ascensores. Esta vertente súa, xunto co seu dominio do emprego das cores, fan senlleira a súa obra, que decote se atopa complementando outros arquitectos. As colaboracións con máis sona fíxoas na obra de Gaudí, a cal permitía recoller a liberdade no uso das formas e nas cores que Jujol imprimía na súa creación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Modernismo catalán Trencadís
Bibliografía
Categoría:Arquitectos do Modernismo catalán Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1949