Arnoglossus capensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 no WoRMS. coñecida en galego como rapapelos do Cabo.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1898 polo ictiólogo británico de orixe belga George Albert Boulenger.
Ademais de por este nome orixinario, coñécese tamén polo sinónimo Arnoglossus entomorhynchus Stauch, 1967
Etimoloxía Xénero Véxase en Austroglossus. Especie O nome específico, capensis "do cabo", deriva do cabo da Boa Esperanza, en cuxas augas vive a especie.
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus capensis Boulenger, 1898 en FishBase.
Corpo deprimido, ovalado, de até os 20 cm de lonxitude como máximoo. As aletas dorsal e anal unidas á caudal. Aleta dorsal con de 96 a 103 raios (brandos), e a anal con de 73 a 82 raios (igualmente brandos). Coloración, no lado pigmentado, parda clara, con pequenas manchas máis escuras.
Hábitat e distribución É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre 1 e os 200 m. Distribúese polas costas atlánticas de África, entre os 20° N e os 35° S, desde Mauritania até O Cabo e Natal (Suráfrica).
Bioloxía Vive sobre fondos areosos, fangosos* e con cunchas.
Pesca O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive (Atlántico suroriental).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae" en J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha (eds.) Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; & UNESCO, París. Vol. 2 pp. 1027-1036. Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos Arnoglossus
Ligazóns externas Arnoglossus capensis en Encyclopedia of Life Austroglossus microlepis na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.
Categoría:Pleuronectiformes