A catedral de Sigüenza está dedicada a Santa María a Maior, patroa da cidade de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, en Castela-A Mancha. A catedral comezouse a construír durante o século XII segundo as directrices da arquitectura románica. Foi unha encarga do bispo Bernardo de Agén, que en 1124 lidera a conquista da cidade ós musulmáns e así restaura a antiga diocese. Durante os séculos vindeiros e baixo o mando de diferentes bispos, as obras adaptáronse ós estilos propios de cada época. A nave central foi feita en estilo gótico e no século XV cubríronse as voltas do cruceiro cando era bispo o cardeal Mendoza. A parte ornamental non se engadiu até ben entrado o século XVIII.
Na actualidade, entre tódolos estilos, destaca a arquitectura gótica, especialmente no aspecto interior. Isto débese, en parte, a unhas reformas realizadas durante o século XVI para construír o deambulatorio, obras nas que se destruíron as absidiolas laterais románicas. As dúas torres exteriores na fachada principal teñen ameas e danlle un aspecto de fortaleza militar ó edificio, detalle que tamén se olla noutros edificios relixiosos da mesma época, xa que tiñan unha función de templo-fortaleza. A de Sigüenza era chamada fortis seguntina.Navascués 1997: páx.107
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Provincia de Guadalaxara Sigüenza Categoría:Igrexas católicas de España Categoría:Igrexas románicas de España