Rapapelos ou rapapelos do MediterráneoLahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79. (Arnoglossus laterna), é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.Arnoglossus laterna (Walbaum, 1792) no WoRMS.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1792 polo médico, naturalista e taxonomista alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes laterna.
Ademais de por este nome orixinario, e do actualmente válido, ao longo da historia foi coñecido polos seguintes sinónimos: Arnoglossus laterna microstoma Kyle, 1913 Arnoglossus macrostoma Kyle, 1913 Pleuronectes arnoglossus Bloch & Schneider, 1801 Pleuronectes conspersus Canestrini, 1861 Pleuronectes diaphanus Shaw, 1803 Pleuronectes leotardi Risso, 1810 Pleuronectes pellucidus Nardo, 1824 Rhombus soleaeformis Malm, 1865
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 296-297.Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus laterna (Walbaum, 1792) en FishBase.
miniatura|250px|Arnoglossus laterna pescado no sur do mar do Norte.
Corpo ovalado, esvelto, deprimido e moi delgado, translúcido, de até os 25 cm de lonxitude como máximo, aínda que os que de poden ver nos mercados roldan os 10–12 cm. Ollos situados no lado esquerdo da cabeza, separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo inferior está un pouco adiantado con respecto ao superior. Boca armada con dentes pequenos. Liña lateral cunha marcada curva sobre a aleta pectoral. Aleta dorsal con de 82 a 98 raios (brandos), e a anal con de 63 a 74 raios (igualmente brandos). Os cinco ou seis primeiros raios da aleta dorsal sobresaen fóra da membrana da aleta, xa que esta é moi baixa no seu comezo, non alcanzando a súa altura normal ata o sexto ou sétimo raio. O segundo raio da aleta dorsal non destaca sobre os demais raios. O pedúnculo caudal é case inexistente, e a aleta caudal é arredondada. Coloración, no lado pigmentado, parda clara con numerosas pequenas manchas máis escuras (negras).
Hábitat e distribución Hábitat É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 10 e os 200 m, usualmente entre os 10 e os 100 m1, sobre fondos areosos e lamacentos.
Distribución Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 62° N e os 17° S, e entre os 18° W e os 34°, desde Noruega até Angola, e tamén habita no mar Mediterráneo até o mar Negro, sendo especialmente abundante no mar do Norte.
Bioloxía miniatura|250px|Forma larval de Arnoglossus laterna. Nutrición Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.
Reprodución Reprodúcese en primavera e verán, entre os meses de abril e agosto.
Pesca O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive.
Galicia O primeiro rexistro desta especie en Galicia fíxoo De Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos, I parte", Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148. Posteriormente foi rexistrado en numerosas ocasións.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. pp. 1027-1036. Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Bótidos Arnoglossus
Ligazóns externas Arnoglossus laterna en Encyclopedia of Life
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Peixes do océano Atlántico Categoría:Peixes de Europa Categoría:Peixes de Galicia Categoría:Animais descritos en 1792