Manuel Rodríguez Moldes (Manolo Moldes), nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1949, e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 2017López, Belén: "Morre o pintor pontevedrés Manuel Moldes", Diario de Pontevedra, 3/12/2017., foi un pintor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Traxectoria Foi unha referencia inescusable e das máis solitarias. A súa obra comezou na década de 1970, en Madrid, participando na renovación impulsada dende Galicia. Nos anos oitenta as súas obras mostraban unha práctica desgarradora e visións atormentadas que xiran ó redor dunha estabilidade onde se percebe as influencias de Pablo Picasso e Ingres.

Na segunda metade da década de 1980 propuxo unha ollada densa e ordenadora do ámbito galego, da súa paisaxe, arquitectura, xentes, materias... en cadros cada vez máis físicos.

En 1995 pasou a ser mestre de debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega de Belas Artes.Listado histórico de académicos numerarios

Teñen obra súa, entre outras institucións, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Municipal Quiñones de León"Pinacoteca galega contemporánea" Museo Quiñones de León., o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, a Colección Afundación na Colección Afundación. e a Fundación María José Jove.Colección de arte da Fundación María José Jove .

Opinións sobre a súa figura artística David Barro, ao comentar a súa exposición "Vieiros de Luz", en 1999, dicía que Manuel Moldes seguía "o seu particular eterno retorno a unha sinuosidad barroca e pintura gestual, que o relacionan con mestres do expresionismo abstracto como Pollock".

O artista Guillermo Aymerich cualificou a Manolo Moldes como "Un mago da forma, da luz, un alquimista da cor e da materia". O seu papel como docente na facultade de Belas Artes de Pontevedra deixa unha gran pegada no humano e o artístico en moitos dos seus alumnos entre os que se contan , Jorge Perianes, Suso Fandiño, Tamara Feijoo ou Rubén Ramos Balsa.

Recoñecementos Medalla de Ouro da XXI Bienal de Pontevedra en 1990, cun premio de cinco millóns de pesetas. Gran Premio de Honra do I Salón de Outono da Real Academia Galega de Belas Artes. Vida persoal

Casou con Carmen Díaz Cacheda e foi pai de Manoel e Iria Rodríguez Díaz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada (1981). Plástica Gallega. p. 72. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3. Fernández Cid, Miguel (1992). Pintores e escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia (ed. trilingüe).

Outros artigos Grupo Atlántica

Ligazóns externas Bibliografía sobre

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Castela-A Mancha Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes