miniatura|O James Norris Memorial Trophy. O James Norris Memorial Trophy é un trofeo entregado anualmente pola National Hockey League (NHL) ao mellor "defensa que demostrou ao longo da tempada a maior capacidade integral na posición". O James Norris Memorial Trophy foi entregado 60 veces a 25 xogadores distintos dende a súa introdución en 1954. Ao final de cada tempada, membros da Professional Hockey Writers' Association votan para elixir o xogador que foi o mellor defensor durante a liga regular.
Historia O trofeo recibe o nome en honor a James E. Norris, propietaro dos Detroit Red Wings da National Hockey League dende 1932 ata 1952. O trofeo foi entregado por primeira vez á conclusión da tempada 1953-54.
Bobby Orr, dos Boston Bruins, gañou o premio cun récord de oito veces consecutivas entre 1968 e 1975. Doug Harvey e Nicklas Lidström gañaron o trofeo sete veces, mentres que Ray Bourque o conseguiu en cinco ocasións. Os xogadores dos Boston Bruins son os que máis xogadores gañaron o Norris Trophy cun total de 14 veces; os xogadores dos Montreal Canadiens son os segundos máis laureados co Norris Trophy, cun total de 12.
Tan só dous xogadores gañaron o Norris Trophy e o Hart Memorial Trophy (entregado ao MVP da liga) na mesma tempada: Bobby Orr, que gañou os dous trofeos nas tempadas 1969–70, 1970–71 e 1971–72, e Chris Pronger, que gañou o Hart e o Norris na tempada 1999–00.
Seis defensas diferentes gañaron o Hart Trophy antes da introdución do Norris Trophy: Herb Gardiner, Eddie Shore (catro veces), Albert "Babe" Siebert, Ebbie Goodfellow, Tommy Anderson e Babe Pratt.
A votación realízase ao final da liga regular por membros da Professional Hockey Writers Association, e cada votante clasifica aos seus cinco candidatos segundo un sistema de 10–7–5–3–1 puntos. Noméanse tres finalistas e o trofeo é entregado na cerimonia de entrega de trofeos da NHL logo da finalización dos play-offs.
Gañadores miniatura|175px|Bobby Orr, gañador en oito ocasións. miniatura|175px|Nicklas Lidstrom posúe sete galardóns. miniatura|175px|Ray Bourque gañou o título en cinco ocasións. miniatura|175px|Brian Leetch, gañador en dúas ocasións. miniatura|175px|Chris Pronger, posúe un James Norris Memorial Trophy. miniatura|175px|Zdeno Chára, gañador nunha ocasión.
TempadaGañadorEquipoGalardóns 1953–54 Red Kelly Detroit Red Wings 1 1954–55 Doug Harvey Montreal Canadiens 1 1955–56 Doug Harvey Montreal Canadiens 2 1956–57 Doug Harvey Montreal Canadiens 3 1957–58 Doug Harvey Montreal Canadiens 4 1958–59 Tom Johnson Montreal Canadiens 1 1959–60 Doug Harvey Montreal Canadiens 5 1960–61 Doug Harvey Montreal Canadiens 6 1961–62 Doug Harvey New York Rangers 7 1962–63 Pierre Pilote Chicago Black Hawks 1 1963–64 Pierre Pilote Chicago Black Hawks 2 1964–65 Pierre Pilote Chicago Black Hawks 3 1965–66 Jacques Laperrière Montreal Canadiens 1 1966–67 Harry Howell New York Rangers 1 1967–68 Bobby Orr Boston Bruins 1 1968–69 Bobby Orr Boston Bruins 2 1969–70 Bobby Orr Boston Bruins 3 1970–71 Bobby Orr Boston Bruins 4 1971–72 Bobby Orr Boston Bruins 5 1972–73 Bobby Orr Boston Bruins 6 1973–74 Bobby Orr Boston Bruins 7 1974–75 Bobby Orr Boston Bruins 8 1975–76 Denis Potvin New York Islanders 1 1976–77 Larry Robinson Montreal Canadiens 1 1977–78 Denis Potvin New York Islanders 2 1978–79 Denis Potvin New York Islanders 3 1979–80 Larry Robinson Montreal Canadiens 2 1980–81 Randy Carlyle Pittsburgh Penguins 1 1981–82 Doug Wilson Chicago Black Hawks 1 1982–83 Rod Langway Washington Capitals 1 1983–84 Rod Langway Washington Capitals 2 1984–85 Paul Coffey Edmonton Oilers 1 1985–86 Paul Coffey Edmonton Oilers 2 1986–87 Ray Bourque Boston Bruins 1 1987–88 Ray Bourque Boston Bruins 2 1988–89 Chris Chelios Montreal Canadiens 1 1989–90 Ray Bourque Boston Bruins 3 1990–91 Ray Bourque Boston Bruins 4 1991–92 Brian Leetch New York Rangers 1 1992–93 Chris Chelios Chicago Blackhawks 2 1993–94 Ray Bourque Boston Bruins 5 1994–95 Paul Coffey Detroit Red Wings 3 1995–96 Chris Chelios Chicago Blackhawks 3 1996–97 Brian Leetch New York Rangers 2 1997–98 Rob Blake Los Angeles Kings 1 1998–99 Al MacInnis St. Louis Blues 1 1999–2000 Chris Pronger St. Louis Blues 1 2000–01 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 1 2001–02 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 2 2002–03 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 3 2003–04 Scott Niedermayer New Jersey Devils 1 2004–05 2005–06 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 4 2006–07 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 5 2007–08 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 6 2008–09 Zdeno Chára Boston Bruins 1 2009–10 Duncan Keith Chicago Blackhawks 1 2010–11 Nicklas Lidström Detroit Red Wings 7 2011–12 Erik Karlsson Ottawa Senators 1 2012–13 P. K. Subban Montreal Canadiens 1 2013–14 Duncan Keith Chicago Blackhawks 2
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de premios da National Hockey League
Ligazóns externas James Norris Memorial Trophy en NHL.com James Norris Memorial Trophy en Legends of Hockey.net
Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League