Citharichthys é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos paralictíidos.Citharichthys Bleeker, 1862 no WoRMS.
Apareceron no rexistro fósil no mioceno tardío.
Etimoloxía O nome científico Citharichthys está formadoormado pola unión dos termos do grego antigo κιθάρα kithára, que significa "cítara", e ἰχθύς ichthýs, "peixe". Literlamente: "os peixes con forma de cítara".
Descrición Son peixes planos sinistros, é dicir, que teñen ambos os ollos no lado esquerdo da cabeza. Son demersais, e a maioría das especies son mariñas, que habitan a profundidades relativamente baixas, pero o xénero tamén inclúe especies que se encontran en augas profundas (até polo menos os 2.000 m), e outras que entran en cursos de auga doce.Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Citharichthys en FishBase.
A maior das especies do xénero é Citharichthys sordidus, do Pacífico, de cor parda clara salferido con manchas máis escuras, mesmo negras, e ás veces amarelas ou alaranxadas, que pode alcanzar os 41 cm de lonxitude.
Distribución As especies deste xénero son propias dos océanos que bañan as cosatas das Américas, cunha soa especie, C. stampflii, o rapapelos liso,Lahuerta e Vázqueez (2000), p. 79. que vive na costa occidental africana.
Especies O xénero foi fundado en 1862 polo ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker.
Na actuadlidade, no xénero recoñécense as seguintes 24 especies:
Citharichthys abbotti C. E. Dawson, 1969 Citharichthys amblybregmatus Gutherz & Blackman, 1970 Citharichthys arctifrons Goode, 1880 Citharichthys arenaceus Evermann & M. C. Marsh, 1900 Citharichthys cornutus (Günther, 1880) Citharichthys darwini Victor & Wellington, 2013 Citharichthys dinoceros Goode & T. H. Bean, 1886 Citharichthys fragilis C. H. Gilbert, 1890 Citharichthys gilberti O. P. Jenkins & Evermann, 1889 Citharichthys gnathus Hoshino & Amaoka, 1999 Citharichthys gordae Beebe & Tee-Van, 1938 Citharichthys gymnorhinus Gutherz & Blackman, 1970 Citharichthys macrops Dresel, 1885 Citharichthys mariajorisae van der Heiden & Mussot-Pérez, 1995 Citharichthys minutus Cervigón, 1982 Citharichthys platophrys C. H. Gilbert, 1891 Citharichthys sordidus (Girard, 1854) Citharichthys spilopterus Günther, 1862 Citharichthys stampflii (Steindachner, 1894) Citharichthys stigmaeus D. S. Jordan & C. H. Gilbert, 1882 Citharichthys surinamensis (Bloch & J. G. Schneider, 1801) Citharichthys uhleri D. S. Jorda], 1889 Citharichthys valdezi Cervigón, 1986 Citharichthys xanthostigma C. H. Gilbert, 1890
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aldebert, Y.; M. Desoutter and J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post and L. Saldanha (eds.): Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos
Ligazóns externas
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca