Johann Balthasar Held, finado en 1709, foi un respectado construtor de órganod en Lüneburg e Stettin.
Traxectoria Held foi traballador do taller de Georg Nitrowski en Gdańsk (Danzig) entre 1672 e 1675, e posteriormente mestre traballador do taller de Arp Schnitger. Entre outros traballos, Held axudou na construción do órgano de St.-Katharinenkirche. Logo de traballar no órgano de Martinikerk en Groningen entre 1691 e 1692, Held trasladouse a Lübeck, onde levou a cabo varios proxectos de órganos, así como reparar o órgano de Dietrich Buxtehude en 1695. En 1701, coñeceu a Johann Sebastian Bach en Lüneburg mentres realizaba reparacións no órgano da Igrexa de San Miguel da cidade alemá. Con el o xove Bach aprendeu máis sobre a construción de órganos. Morreu en 1709.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1709 Categoría:Músicos de Alemaña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades sen imaxes