O receptor de interleucina 8, alfa (IL8RA) é un receptor de quimiocinas. O seu xene humano é IL8RA. O IL8RA tamén foi designado como CD181 e CXCR1. CXCR1 é agora o nome recomendado polo Comité sobre Nomenclatura de Receptores e Clasificación de Fármacos da IUPHAR.
Función
A proteína codificada por este xene é membro da familia do receptor acoplado á proteína G. Esta proteína é un receptor da interleucina 8 (IL8). Únese a IL8 con alta afinidade, e transduce o sinal a través dun sistema de segundo mensaxeiro activado pola proteína G. Os estudos knockout en ratos indican que esta proteína inhibe a migración dos precursores dos oligodendrocitos embrionaria na medula espiñal en desenvolvemento. O xene IL8RA, xunto con IL8RB, que codifica outro receptor de alta afinidade de IL8, e IL8RBP, que é un pseudoxene de IL8RB, forman un cluster de xenes na rexión do cromosoma 2 q33-q36. Existen variantes de splicing. A estimulación de CXCR1 en neutrófilos polo seu ligando primario a interleucina 8, causa a activación e quimiotaxe dos neutrófilos.
Importancia clínica
O bloqueo de CXCR1 (por exemplo con repertaxina) inhibe algunhas células nai de cancro de mama humano (in vitro e en ratos).
O CXCR1 pode ser clivado e inactivado por serina proteases derivadas de neutrófilo (NSPs), o que orixina a disfunción de neutrófilos e altera a morte de bacterias na enfermidade pulmonar da fibrose quística.
Interaccións
O receptor de interleucina 8, alfa presenta interaccións con GNAI2.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Receptor de interleucina 8, beta Receptor de interleucina 8 Interleucina 8 Interleucina Receptor de interleucinas
Ligazóns externas
Bibliografía
Categoría:Antíxenos CD Categoría:Receptores acoplados á proteína G