O referendo de autodeterminación de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014. Foi un referendo sobre o "futuro político de Cataluña" que estaba previsto celebrar durante o 2014 segundo un acordo de gobernabilidade ratificado por Artur Mas por parte de Convergència i Unió e Oriol Junqueras por parte de Esquerra Republicana de Catalunya o 18 de decembro do 2012,Separatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012Agreement in Catalonia on date of independence referendum Euronews, 19 decembro de 2012Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 de decembro de 2012 e coñecido como "Pacto pola Liberdade". O texto indicaba que a data do referendo sería acordado por ámbalas partes, e que os dous se comprometerían en mantelo no 2014 "agás se o contexto socioeconómico e sociopolítico fai necesario pospoñelo." Como parte do acordo, Artur Mas foi investido Presidente da Generalitat de Cataluña por segunda volta. O referendo iría precedido da aprobación dunha Lei de consultas durante o 2013.
O 12 de decembro de 2013, o Goberno de Cataluña anunciou que a data do referendo de independencia se celebraría o 9 de novembro de 2014 e que contería unha pregunta con dúas seccións: "Quere que Cataluña sexa un Estado?" e "En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?".Catalan President Mas: "The country's good sense has made it possible to come to a consensus and agree on an inclusive, clear question, which enjoys broad support" , Goberno de Cataluña.Political parties announce date for vote on Catalonia independence, CNN. O Goberno de España declarou pouco despois a súa intención de bloquear o referendo, afirmando que "Tal enquisa non se celebrará."Spain to block Catalonia independence referendum, BBC World.Spain Rejects Call for Catalonia Independence Vote , TIME.
O proceso foi suspendido de xeito cautelar o 29 de setembro do mesmo ano, trala aceptación a trámite dos recursos de inconstitucionalidade do Goberno de España, presentados perante o Tribunal Constitucional, do decreto de convocatoria da consulta e da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, de 26 de setembro, de consultas populares non referendarias e outras formas de participación cidadá na que esta se ampara. O 14 de outubro, ante a situación da suspensión, Artur Mas anunciou que a consulta non se celebraría nos termos previstos e que no seu canto convocaría unha consulta alternativa. Finalmente, as dúas primeiras frases do artigo 3.3«As consultas populares non referendarias poden ser de carácter xeral ou sectorial. As consultas xerais son as abertas ás persoas lexitimadas para participar nos termos estabelecidos no artigo 5». e os apartados 4 a 9 do artigo 16 da Lei do Parlamento de Cataluña 10/2014, así como a convocatoria de devandita consulta, foron declarados inconstitucionais pola Sentenza 31/2015, de 25 de febreiro de 2015, da Corte constitucional.
A consulta A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?». miniatura|250px|Manifestantes no Passeig de Gràcia.
O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.
A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamento de Cataluña. A data e a pregunta da consulta foron anunciadas polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.La consulta per la independència serà el 9 de Novembre de 2014 - AraGirona.catSeparatist Catalan Parties Announce Alliance The New York Times, 18 de decembro de 2012Agreement in Catalonia on date of independence referendum Euronews, 19 December 2012Catalonia referendum set for 2014 Financial Times, 19 December 2012
A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.Ja són 920 els municipis catalans que donen suport al 9-N, Ara.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Consulta sobre a independencia de Cataluña Independentismo catalán Vía catalá
Ligazóns externas . Catalonia Votes .
Categoría:Política de Cataluña Cataluña