Juan Manuel Cabrejo Pasantes, nado en Camariñas o 26 de maio de 1975, é un exfutbolista galego que xoga na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou xogando profesionalmente no Betanzos CF pasando despois ao filial da SD Compostela. Debutou co primeiro equipo na tempada 1998/99. No mercado de inverno da tempada 2000/01 fichou polo SD Eibar. Porén ao rematar a tempada cambiou de equipo fichando polo Elche CF, onde tampouco remata contrato ao acabar xogando no AD Ceuta.
No ano 2004 volveu a Éibar, e ao ano seguinte fichou polo FC Cartagena, equipo no que máis tempo seguido estaría e co que afrontou o intento de ascenso a Primeira División varios ano consecutivos.
No 2009 fichou polo CCD Cerceda Terceira División galega. En 2012 volveu cambiar de equipo, esta vez polo SDC Órdenes.
Coa selección de fútbol No ano 2005 foi internacional coa Selección de fútbol de Galicia, ao ser convocado para disputar o encontro amigábel ante o Uruguai no estadio de San Lázaro, cun resultado de 3-1 a favor de Galiza.
Vida persoal Nas eleccións municipais de 2011 saíu escollido concelleiro en Camariñas polo PSdeG-PSOE.
Notas
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Camariñas Categoría:Concelleiros de Camariñas Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Xogadores do Betanzos CF Categoría:Xogadores da SD Compostela B Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do SD Eibar Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do AD Ceuta Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do CCD Cerceda Categoría:Xogadores da SDC Órdenes Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes