Rafael Catalá Polo, nado en Madrid o 21 de xuño de 1961, é un político e alto funcionario español. Foi ministro de Xustiza entre 2014 e 2018.

Biografía Formación e carreira profesional Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, en 1985 ingresou por oposición no Corpo Superior de Administradores Civís do Estado.

Durante a súa carreira administrativa exerceu os postos de Subdirector Xeral de Ordenación e Política de Recursos Humanos no Ministerio de Sanidade e Consumo (1988-1992). En 1992 incorpórase a AENA, Organismo no que exerce como Director de Planificación e Desenvolvemento de Recursos Humanos, Director de Relacións Laborais e Director de Administración e Servizos de Navegación Aérea. Tamén exerceu ata o ano 2011 como secretario xeral de Codere, empresa do sector do xogo.

Carreira política Tras a vitoria electoral do Partido Popular, en 1996, o Consello de Ministros nomeouno Director Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, daquela encabezado por Mariano Rajoy.

En xaneiro de 1999 foi nomeado Director Xeral de Persoal e Servizos do Ministerio de Educación e Cultura, e entre maio de 2000 e xullo de 2002 foi Subsecretario do Ministerio de Facenda. Entre os anos 2002 e 2004 foi Secretario de Estado de Xustiza no Departamento que dirixía José María Michavila.

Tras as eleccións xerais de 2004 ocupouse da xerencia do Hospital Ramón y Cajal de Madrid. Ademais dende 2005 foi director do máster de Administración Pública de Esade e membro do Consello Social da UNED..

O 23 de decembro de 2011 o Consello de Ministros nomeouno Secretario de Estado de Planificación e Infraestruturas do Ministerio de Fomento, a proposta da súa titular Ana Pastor Julián.

Tras a dimisión presentada por Alberto Ruiz-Gallardón, o 23 de setembro de 2014 foi sinalado como sucesor para ocupar o cargo de ministro de Xustiza. O seu nomeamento foi publicado o 29 de setembro de 2014, día en que tomou posesión do cargo.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Políticos do PP Categoría:Políticos da Comunidade de Madrid Categoría:Ministros do Goberno de España da XII Lexislatura Categoría:Ministros de Xustiza de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura) Categoría:Ministros de Fomento de España