Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e (2017): "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno", en Grial nº 215, páx. 12-13. e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017"A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres", nota na web da Real Academia Galega, 12 de setembro de 2017., foi unha escritora galega.

Traxectoria Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantivo afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixiu en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e durante moitos anos residiu en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, "Raíz e Tempo", en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001. En 2018 A Real Academia Galega dedicoulle o Día Mundial da Poesía e publicou Natureza de illa na súa homenaxe.

Obra miniatura| O seu labor como escritora comezou en revistas como Aturuxo, Vida Gallega, Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poetisa está integrada na Xeración das Festas Minervais; como escritora dramática no "Grupo de Enlace"; como narradora, a crítica adoita inscribir a novela Adiós, María na Nova Narrativa polo seu carácter anovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre Santo André de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.

Canto ó teatro relacionouse co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella. A obra Do outro lado do Iberr foi finalista en 1964 na I edición do Premio Castelao de Teatro Galego, galardón que acadou en 1967 coa peza Un hotel de primeira sobre o río. En 1972 acadou o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibiu o Premio da Crítica española polo poemario Estacións ao mar, e a Xunta de Galicia entregoulle en 1992 o Premio á creación feminina. En 2018 a compañía Vitrasa repartiu 2000 exemplares de Adiós María nos seus autobuses de Vigo.

Listaxe de publicacións Poesía Do sulco (1957). Galaxia. Estacións ao mar (1980). Galaxia, colección Dombate. ISBN 84-7154-363-X. Tempo de Ría (1992). Espiral Maior. 48 páxs. ISBN 9788488137067. Ferrol, corazón de navío (2001). A Nosa Terra. 92 páxs. ISBN 978-84-95350-20-6. Poesía reunida (1957-2001) (2004). Ed. Danú. Caixanova / PEN Clube escritores Galicia. 330 páxs. ISBN 978-8493340414. Ed. de Luciano Rodríguez. Elexías a Lola (2016). Engaiolarte. 72 páxs. ISBN 978-84-944792-9-8. Poemas últimos de Xohana Torres (2021). Engaiolarte.

Teatro miniatura|Adiós, María, edición na BG120. Á outra banda do Iberr (1965) Galaxia. En Engaiolarte, 124 páxs. ISBN 978-84-121561-8-8. Un hotel de primeira sobre o río (1968). Galaxia. En Engaiolarte, 140 páxs. ISBN 978-84-121561-6-4.

Novela Adiós, María (1971). Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires. En Galaxia (2018), 232 páxs. ISBN 978-84-9151-202-8.

Literatura infantil Polo mar van as sardiñas (Galaxia, 1967; con ilustracións de Ismael Balanyà). Ed. de 2004, 32 páxs. ISBN 978-84-8288-677-0. Pericles e a balea (Barcelona: La Galera, 1984). Foi traducida ao castelán, ao catalán e ao éuscaro. En Galaxia (2018), 32 páxs. ISBN 978-84-9151-184-7. Ilustracións de Sheila Santana.

Ensaio Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos (2018). Engaiolarte Edicións e Deputación da Coruña.A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido, Praza Pública 132 páxs. ISBN 978-84-946500-2-4. Fotografías de Xulio Gil. Eu tamén navegar (2001). Real Academia Galega. ISBN 84-87987-28-1. Discurso de ingreso na RAG e contestación de Salvador García Bodaño.

En publicacións colectivas Polos camiños da literatura: escritores galegos do PEN (1993). Xunta de Galicia/PEN Clube. Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas (1997). Fundación Rosalía de Castro. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003). Tris Tram. Por Arturo Casas. Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega. Poemas pola memoria (1936-2006 (2006). Xunta de Galicia. Poetas e Narradores nas súas voces. II (2006). Consello da Cultura Galega. Poemas para Carmen Blanco (2010). Libros da Cebra. To The Winds Our Sails (2010). Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés. Tamén navegar (2011). Toxosoutos.

Traducións O abeto valente de Jordi Cots (1966). O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966). Unha nova terra de Francisco Candel (1967). O demo Rapatú, adaptación de Miquel Desclot (1979). Galaxia. Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992). Galaxia.

Premios Finalista do I Premio Castelao de Teatro Galego en 1964, por Do outro lado do Iberr. Premio Castelao de Teatro Galego en 1967, por Un hotel de primeira sobre o río. Gañadora do Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires no 1971, por Adiós, María. Gañadora do Premio de Etnografía Federico Maciñeira da Deputación da Coruña, polo seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe. Premio Pedrón de Ouro no 1972, polo labor cultural en beneficio de Galicia. Premio da Crítica no 1981, por Estacións ao mar. Premio á creación feminina da Xunta de Galicia no 1992. Medalla Castelao no 1996 Premio Cultura Galega das Letras no 2017. Desde o ano 1993 o Concello de Santiago de Compostela outorga o Premio Xohana Torres honrando a figura de Xohana Torres e na procura de recuperar a memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela.

Influencias estilísticas Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e William Butler Yeats.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Premio Xohana Torres, do Concello de Santiago e a USC.

Ligazóns externas Cronoloxía literaria de Xohana Torres Escritoras.com .

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1929 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Medallas Castelao Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Finados en 2017