Gustav Mahler baseouse no libro Des Knaben Wunderhorn para compoñer un ciclo de cancións propio e coma fonte de inspiración de varias das súas sinfonías.
Contexto Mahler recibiu dende neno o influxo da música popular. Esta serviulle de fonte de inspiración, non só na composición de lieds, senón tamén para a composicións das súas sinfonías. Mahler descubriu os poemas ó redor do 1887-1888, e influíron profundamente nas súas obras posteriores. En total Mahler compuxo un total de 46 cancións, 24 das cales baséanse en cancións homónimas do volume Des Knaben Wunderhorn. Nove delas foron musicadas para piano e quince para orquestra. A estas 24 cancións habería que engadir as catro cancións coñecidas coma Cancións do camiñante, compostas directamente polo propio Mahler, e sen relación directa co volume de poesía popular, mais claramente inspiradas na colección de poemas. Esta influencia foi tan profunda que marcou a primeira etapa creativa do compositor, coñecida coma os anos wunderhorn, e que van dende o 1888 ata 1901. Todos os traballos destes anos teñen máis ou menos relación co volume de Achim von Arnim e Clemens Brentano.
Ciclo Wunderhorn O chamado ciclo de cancións Wunderhorn dividiríase do seguinte xeito:
Lieder eines fahrenden gesellen É dicir Cancións do camiñante. Con textos orixinais de Mahler. Compostos en Kassel entre o 1883 e 1885, orquestrados no 1890 e revisados no intervalo 1891-1896. O ciclo foi publicado no 1897, en dúas versións: para piano e orquestra, e estreouse para orquestra no 1896.
Lugar Título Título en galego Anos UtilizaciónKassel Wenn mein Schatz Hochzeit macht Cando o meu tesouro está na casa 1883-1885 Piano e orquestraKassel Ging heut' morgen übers Feld Pola mañá, de paso polos campos 1883-1885 Piano e orquestra Kassel Ich hab' ein glühend Messer Teño un coitelo cortando 1883-1885 Piano e orquestraKassel Die zwei blauen Augen Os dos ollos azuis 1883-1885 Piano e orquestra
Lieder und Gesänge aus der Jugendzeit É dicir Cancións e cantos de xuventude. Escritos entre o 1880 e 1889. Foron publicadas en Mainz en tres volumes no 1892. Son cancións de estilo popular, pensadas para voz e piano. Luciano Berio editou as versións orquestrais no 1986 e 1987.
Lugar Título Título en galego Anos UtilizaciónLeipzig Um schlimme kinder artig zu machen Para facer ós nenos malos desfrutar 1888-1890 PianoLeipzig Ich ging mit lust Funme co po 1888-1890 Piano Leipzig Aus! Aus! Dende! Dende! 1888-1890 PianoLeipzig Starke Einbildungskraft Poderosa imaxinación 1888-1890 PianoLeipzig Zu strassburg auf der schanz Galego 1888-1890 PianoLeipzig Ablösung im Sommer Indeferenza no verán 1888-1890 Piano. Empregado como terceiro movemento da 3ª SinfoníaLeipzig Scheiden und Meiden Vaina e prudencia 1888-1890 PianoLeipzig Nicht wiedersehen! Sen reunión 1888-1890 PianoLeipzig Selbstgefüll Autoinspiración 1888-1890 Piano
Cancións Wunderhorn para orquestra Concibidas para voz e orquestra dende o primeiro momento. Aínda que o propio Mahler encargouse de publicar a versión para piano no 1899.
Lugar Título Título en galego Anos UtilizaciónHamburgo Der Schildwache nachtlied A canción nocturna do sentinela 1892 OrquestraHamburgo Verlor'ne Müh' Esforzo perdido 1892 OrquestraHamburgo Wer hat dies Liedlein erdacht? ¿Quen fixo esta pequena canción? 1892 OrquestraHamburgo Trost im Unglück Consolo na desventura 1892 OrquestraHamburgo Das himmlische Leben Vida Celestial 1892 Orquestra. Inspirou a totalidade da cuarta sinfoníaSteinbach am Attersee Das Antonius von Padua Fischpredigt Sermón de Antonio de Pádua ós peixes 1893 Orquestra. Inspirou o Scherzo da segunda sinfoníaSteinbach am Attersee Rheinlegendchen Lenda do Rhin 1893 OrquestraSteinbach am Attersee Das irdische leben A vida na terra 1893 OrquestraSteinbach am Attersee Urlicht Luz primixenia 1893 Orquestra. Letra empregada no cuarto movemento da segunda sinfoníaSteinbach am Attersee Lob des hohen Verstands En loanza da grande intelixencia 1896 OrquestraViena Es sungen drei Engel Tres anxos cantan 1896, 1902 OrquestraViena Lied des Verfolgten in Turm Canción do prisioneiro da Torre 1898-1899 OrquestraViena Wo die schönen trompeten blasen Onde soan as trompetas fermosas 1898-1899 OrquestraViena Revelge A Diana 1898-1899 OrquestraMaiernigg Der Tamboursg'sell O rapaz con tambor 1901 Orquestra.
Categoría:Lieder de Gustav Mahler