Spilocuscus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, soborde dos falanxeriformes e familia dos falanxéridos.Spilocuscus en MSW.

Características Son animais de mediano tamaño e hábitos nocturnos que se caracterizan pola súa viva coloración. É un dos catro xéneros cuxos membros se chaman vulgarmente cuscús.

Inclúe cinco especies repartidas por Indonesia, Papúa-Nova Guinea e o norte de Australia. Catro destas especies atópanse ameazadas en maior ou menor grao e dúas delas (Spilocuscus wilsoni e Spilocuscus rufoniger) están en perigo crítico de extinción.Aplin, K. & Helgen, K. (2008): Spilocuscus wilsoni na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consulata o 16-05-2016.A entrada da base de datos inclúe unha xustificación de por que esta especie é clasificada como en perigo crítico.Leary, T.; Singadan, R.; Menzies, J.; Helgen, K.; Allison, A.; James, R.; Flannery, T.; Aplin, K.; Dickman, C. & Salas, L. (2008): Spilocuscus rufoniger na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

Clasificación O xénero foi definido en 1862 polo naturalista inglés John Edward Gray, e comprende as especies seguintes:

Xénero Spilocuscus Gray, 1862 Especies de Spilocuscus na UICN

Spilocuscus kraemeri Spilocuscus maculatus Spilocuscus papuensis Spilocuscus rufoniger Spilocuscus wilsoni

Porén, nin o MSW nin o ITIS consideran a última destas especies.Spilocuscus Gray, 1861 no ITIS.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Phalangeriformes en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Ligazóns externas Spilocuscus na ADW. Spilocuscus na NCBI.

Categoría:Marsupiais