Santiago de Covelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 599 habitantes (309 mulleres e 290 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 565 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 494 habitantes, sendo 255 homes e 239 mulleres.
O seu monte veciñal foi recoñecido pola ONU en 2017 como exemplo de conservación e de xestión participada.http://praza.gal/movementos-sociais/14903/dous-montes-vecinais-reconecidos-pola-onu-como-exemplo-de-conservacion-e-xestion-participada/
Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Covelo
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior