O Gran Premio de San Marino de 1985 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 5 de maio de 1985 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de e o quinto Gran Premio de San Mariño.
Cualificación Antes da carreira anterior en Portugal anunciouse que René Arnoux fora despedido por Ferrari, sen explicación algunha da súa repentina partida por parte do equipo ou Arnoux. Foi substituído polo piloto sueco Stefan Johansson. Arnoux estaba nos pits en Imola, pero viuse co equipo Brabham, empezando o falso rumor de que pronto formaría parte do equipo xunto a Nelson Piquet. Ao final resultou que, Arnoux non volvería a pilotar de novo na F1 ata a súa incorporación en Ligier en .
O gañador do Gran Premio portugués Ayrton Senna tamén logrou a pole no seu Lotus - Renault cun tempo de 1: 27.327, que foi 1,19 segundos máis rápido que o pole de 1984 Nelson Piquet. Keke Rosberg demostrou que o Williams - Honda era moita máis competitivo en 1985 que o seu antecesor logrando o segundo posto na grella só 0.027 segundos detrás do Lotus. Para Senna sería a primeira de sete poles consecutivas en Imola, unha andaina que terminou en 1992.
A segunda fila foi para os italianos. Elio de Angelis no seu Lotus-Renault foi terceiro, seguido de posiblemente do único coche e piloto que interesaba realmente aos Tifosi, o italiano Michele Alboreto no seu Ferrari. O belga Thierry Boutsen foi sorprendentemente quinto, no seu Arrows-BMW por diante do McLaren-TAG de Alain Prost. Na súa segunda carreira para Ferrari, Johansson cualificouse en 15ª posición.
O cualificador máis lento, Mauro Baldi no Spirit - Hart, foi 9,595 segundos máis lento que Senna nos 5,040 quilómetros do circuíto de Imola.
Carreira
As limitación de combustible xogaron un papel importante na carreira, e unha sucesión de pilotos retiráronse nas últimas voltas. Alain Prost pasou a bandeira a cadros antes de parar na volta ralentización e atopouse que faltábanlle 2 kg de peso, insuficiente para a verificación técnica posterior á carreira, o que levou á súa descualificación. Elio de Angelis foi descualificado inicialmente pola mesma razón, pero foi readmitido despois. En resumo o sentimento xeral era de que as regras de límite de combustible da FISA reduciran as carreiras de Fórmula Un a unha mera carreira de economía de combustible, o piloto de Williams Nigel Mansell (que foi o último piloto en terminar realmente, a 2 voltas no quinto lugar, e foi un dos só cinco dos dez finalistas clasificados que non quedou sen combustible) sinalou que "non foi moi rápido".
Stefan Johansson fixo unha boa carreira na súa segunda unidade para o Cavallino Rampante. Logo de comezar 15º remontou progresivamente na pista e preto do final da carreira colocouse segundo (beneficiado porque os demais quedaron sen combustible), e estaba a piques de pasar a Senna que tamén corría seco a 3 voltas da meta. Johansson logrou pasar ao Lotus baixo un estrondoso aplauso dos tifosi, só para quedar sen combustible media volta máis tarde saíndo da chicana Acque Minerali. Un exame post carreira do seu coche revelou que o Ferrari tivo un mal funcionamento eléctrico que causou que o motor consumira máis combustible que o que a lectura marcáballe ao equipo e Johansson. A lectura do Ferrari marcáballe a Johansson que aínda tiña suficiente combustible para terminar a carreira.
A vitoria foi a segunda e última vitoria nun Gran Premio para Elio de Angelis quen terminou unha volta por diante dos demais. Tamén foi a segunda vitoria do ano para o John Player Special Team Lotus logo de que Ayrton Senna anotara a súa primeira vitoria na F1 na carreira anterior en Portugal. O segundo lugar foi finalmente outorgado ao piloto belga Thierry Boutsen, que quedou sen combustible ao chegar á recta de meta na súa última volta e empuxou o seu Arrows ata a liña de meta, co francés Patrick Tambay terceiro no seu Renault RE60.
Clasificación Cualificación
Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 1:27.589 1:27.327 — 2 6 Keke Rosberg Williams-Honda 1:28.347 1:27.354 +0.027 3 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 1:30.325 1:27.852 +0.525 4 27 Michele Alboreto Ferrari 1:27.871 1:30.637 +0.544 5 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:28.829 1:27.918 +0.591 6 2 Alain Prost McLaren-TAG 1:28.604 1:28.099 +0.772 7 5 Nigel Mansell Williams-Honda 1:29.756 1:28.202 +0.875 8 1 Niki Lauda McLaren-TAG 1:29.413 1:28.399 +1.072 9 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:29.427 1:28.489 +1.162 10 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 1:28.697 1:29.654 +1.370 11 15 Patrick Tambay Renault 1:30.201 1:29.102 +1.775 12 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:30.605 1:29.259 +1.932 13 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:30.339 1:29.406 +2.079 14 16 Derek Warwick Renault 1:30.440 1:29.466 +2.139 15 28 Stefan Johansson Ferrari 1:30.240 1:29.806 +2.479 16 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 1:31.625 1:30.982 +3.655 17 30 Jonathan Palmer Zakspeed 2:30.990 1:31.028 +3.701 18 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:31.388 1:31.108 +3.781 19 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:32.770 1:48.391 +5.443 20 8 François Hesnault Brabham-BMW 1:33.142 1:33.160 +5.833 21 10 Philippe Alliot RAM-Hart 1:34.201 2:05.141 +6.874 22 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:34.974 1:34.209 +6.882 23 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:34.936 1:34.579 +7.252 24 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:35.774 1:35.653 +8.326 25 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:36.397 1:36.661 +9.334 26 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 1:36.922 1:38.235 +9.595
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Elio de Angelis Lotus-Renault 60 1:34:35.955 3 9 2 18 Thierry Boutsen Arrows-BMW 59 + 1 volta 5 6 3 15 Patrick Tambay Renault 59 + 1 volta 11 4 4 1 Niki Lauda McLaren-TAG 59 + 1 volta 8 3 5 5 Nigel Mansell Williams-Honda 58 + 2 voltas 7 2 6 28 Stefan Johansson Ferrari 57 Sen combustible 15 1 7 12 Ayrton Senna Lotus-Renault 57 Sen combustible 1 8 7 Nelson Piquet Brabham-BMW 57 Sen combustible 9 9 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 56 Sen combustible 25 10 16 Derek Warwick Renault 56 Sen combustible 14 DSC 2 Alain Prost McLaren-TAG 60 Descualificado 6 Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 50 Motor 12 NC 24 Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 46 Non clasificado 22 Ret 27 Michele Alboreto Ferrari 29 Eléctrico 4 Ret 9 Manfred Winkelhock RAM-Hart 27 Motor 23 Ret 10 Philippe Alliot RAM-Hart 24 Motor 21 Ret 6 Keke Rosberg Williams-Honda 23 Freos 2 Ret 26 Jacques Laffite Ligier-Renault 22 Turbo 16 Ret 29 Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 14 Turbo 19 Ret 25 Andrea de Cesaris Ligier-Renault 11 Trompo 13 Ret 21 Mauro Baldi Spirit-Hart 9 Eléctrico 26 Ret 8 François Hesnault Brabham-BMW 5 Motor 20 Ret 4 Stefan Bellof Tyrrell-Ford 5 Motor 24 Ret 17 Gerhard Berger Arrows-BMW 4 Motor 10 Ret 22 Riccardo Patrese Alfa Romeo 4 Motor 18 NTS 30 Jonathan Palmer Zakspeed 0 Non Saíu 17
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de piloto Pos Piloto Puntos 1 Elio de Angelis 16 2 Michele Alboreto 12 3 Patrick Tambay 10 4 Ayrton Senna 9 5 Alain Prost 9
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Lotus-Renault 25 2 Ferrari 16 3 McLaren-TAG 12 4 Renault 10 5 Arrows-BMW 6
Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Gran Premio de San Marino de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1985