Ifeanyi Festus Ezeli-Ndulue, nado o 21 de outubro de 1989 en Benin City, Edo, é un xogador profesional de baloncesto nixeriano. Cunha altura de 2,11 m e 116 kg de peso, Ezeli xoga na posición de pivote. O seu maior éxito é o anel de campión conseguido como membro dos Warriors na temporada .

Traxectoria Nado en Benin City, formouse no instituto Igbinedion Education Centre de Nixeria, trasladándose posteriormente ao Jesuit de Sacramento (California), xa nos Estados Unidos. Posteriormente xogou durante catro tempadas cos Commodores da Universidade de Vanderbilt, onde fixo unha media de 7,7 puntos, 4,5 rebotes e 1,7 tapóns por partido. En 2011 foi incluído no segundo mellor quinteto da Southeastern Conference.

Foi elixido na trixésima posición do Draft da NBA de 2012 por Golden State Warriors, equipo co que debutou o 31 de outubro ante os Phoenix Suns, conseguindo 3 puntos e 5 rebotes. En xuño de 2013, anunciouse que Ezeli perderíase a tempada 2013-2014 debido a unha lesión no xeonllo dereito. A principios de 2015 é cedido aos Santa Cruz Warriors da NBA Development League entre o 28 de xaneiro e o 2 de febreiro. Tras volver aos Warriors consegue ese mesmo ano o seu primeiro anel de campión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil de Festus Ezeli en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Benin City Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Nixeria Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors