Gregorio Pedro XX KaproyeanO seu apelido tamén aparece como Ghabroyan e Gabroyan. (en , Grigor Petros I. Kaproyean (ISO 9985)), nado o 15 de novembro de 1934 en Alepo e finado o 25 de maio de 2021 en Beirut, foi o 20º Catholicos-Patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 24 de xullo de 2015 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu o 15 de novembro de 1934 na comunidade armenia de Alepo (República Siria).
O 28 de marzo de 1959 foi ordenado sacerdote do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar.
O 3 de xaneiro de 1977 foi nomeado exarca apostólico de Francia e bispo titular de Amida dos Armenios. Co gallo da elevación da sé ao rango de eparquía, pasou a ser bispo da Santa Cruz de París. Retirouse o 2 de febreiro de 2013.
O 24 de xullo de 2015 foi elixido o 20º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia.
Finou no cargo o 25 de maio de 2021 na sé do patriarcado en Beirut.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Nados en Alepo Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Membros do Instituto do Clero Patriarcal de Bsumar Categoría:Relixiosos católicos de Siria