José María Silva Fernández, nado no Montillón de Arriba (A Estrada) o 29 de setembro de 1897 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2000, foi un fotógrafo galego-uruguaio.

Traxectoria Nace na Estrada o mesmo ano que morre o seu pai na Guerra hispano-estadounidense. Seis anos despois, a súa nai decide emigrar ao Río de la Plata e marchan ao Uruguai. Aos 14 anos empregouse na casa de fotografía El Indio e aprendeu o oficio.

Fotografou a varias personalidades, como Juan Domingo Perón, Luis Alberto de Herrera, Mariano Mores, Alberto Candeau, José Belloni, León Felipe etc. En particular Carlos Gardel foi un dos seus máis fieis clientes e amigos, alcumábao "Silvita".

Tamén foi reporteiro gráfico durante o partido final do Mundial de Fútbol de 1930.

Presidiu a Asociación de Fotógrafos Profesionales do Uruguai durante 28 anos, retirándose en 1994.

Traballou ata os 96 anos, axudado polo seu fillo Julio César. Cando fixo 100 anos foi homenaxeado e entrevistado por axencias de prensa internacionais como a BBC e a DPA. Tamén recibiu a distinción de "Uruguayo inmigrante del año" en 1998, do Ministro de Educación y Cultura.

Morreu aos 102 anos, vítima dunha pneumonía.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José María Silva en Todotango] Municipio de A Estrada homenajeará a José Mª Silva arquivado dende o orixinal o 12 de abril e 2013 El cineasta Ismael González rescata la memoria de José Mª Silva

González proxecta crear na Estrada un museo arredor da obra de Silva

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes