Santa Mariña de Barcala é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 99 habitantes (53 mulleres e 46 homes), distribuídos en 2 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 137 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 167 persoas.

Patrimonio A Igrexa de Santa Mariña de Barcala é románica pero bastante reformada. Ten ábsida rectangular entre dous pares de contrafortes e unha ventá en arquivolta tórica semicircular.

As festas patronais celébranse o 18 de xullo, continuando co Sacramento o 19 e con San Roque o 20 Luis Manuel Ferro Pego, no folleto Semana Santa MMXIX, A Estrada 2019..

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Barcala

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña