A Praia de Silgar é un areal galego situado no tramo de costa urbano do concello pontevedrés de Sanxenxo. Ten unha extensión de 750 metros e é acompañada de punta a punta polo paseo marítimo homónimo.

Está separada da praia de Baltar, na parroquia de Portonovo, por un saínte de terra coñecido como Punta do Vicaño.

Neste areal atópase, situada nunha rocha a poucos metros da costa, a estatua de Madama, obra do artista Alfonso Vilar Lamelas.

Galería de fotos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes da praia de Silgar. María Silgar pseudónimo de María Ignacia Ramos.

Ligazóns externas Foto: Vista nocturna de La Madame en la Playa de Silgar, Sanxenxo Foto:Paseo Nocturno, Playa del Silgar

Silgar