miniatura|right|300px|Pelotón do Tour Down Under 2004.
O Tour Down Under (actualmete por razóns de patrocinio Santos Tour Down Under) é unha carreira ciclista por etapas que se disputa en Adelaida e nos seus arredores dende o ano 1999. Sempre comeza o terceiro martes de xaneiro e remata o domingo desa mesma semana. O nome tómao do sobrenome de Australia: Down Under.
Historia O Tour Down Under creouse en 1999 na categoría 2.4. Ao ano seguinte a proba ascendeu á categoría 2.3. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI no ano 2005, a carreira integrouse no UCI Oceanía Tour coa categoría 2.HC (máxima categoría neses circuítos). No 2008 o Tour Down Under entrou no UCI ProTour (agora UCI WorldTour) sendo a primeira proba non europea en formar parte do circuíto. Xunto coa Cadel Evans Ocean Race, que se disputa tamén en Australia so unha semana depóis, son as únicas probas desta categoría en Oceanía.
No 2011 comezaron a organizarse probas femininas en torno a carreira, pero so dende o 2016 ten recoñecemento de carreira oficial da UCI.
O corredor con máis vitorias na proba masculina é o australiano Simon Gerrants con catro edicións, e na feminina a súa compatriota Amanda Spratt con tres.
Percorrido A proba sempre comeza e remata na cidade de Adelaida con etapas fundamentalmente chás ás que co paso dos anos se lles foron introducindo dificultades. Dende o ano 2002 incluíuse unha etapa algo montañosa con chegada en Willunga, ao comezo cun paso e máis tarde con dous pasos por un porto puntuábel, cuxo final estaba a uns 20 km da meta e que dende 2012 se converteu en final en alto. A partir do 2009 incluíuse outra etapa rompepernas cun circuíto arredor de Stirling que normalmente produce cortes no pelotón principal. Ademais, dende a edición 2012 engadiuse outra etapa dalgunha dificultade montañosa, isto reduciu as posibilidades de que os sprinters conseguiran a vitoria final.
Palmarés Masculino Ano Gañador Segundo Terceiro 1999 Stuart O'Grady Jesper Skibby Magnus Backstedt 2000 Giles Maignan Stuart O'Grady Steffen Wesemann 2001 Stuart O'Grady Kai Hundertmarck Fabio Sacchi 2002 Michael Rogers Alexandre Botcharov Patrik Jonker 2003 Mikel Astarloza Lennie Kristensen Stuart O'Grady 2004 Patrik Jonker Robbie McEwen Baden Cooke 2005 Luis León Sánchez Allan Davis Stuart O'Grady 2006 Simon Gerrans Luis León Sánchez Robbie McEwen 2007 Martin Elmiger Karl Menzies Lars Ytting Bak 2008 André Greipel Allan Davis José Joaquín Rojas 2009 Allan Davis Stuart O'Grady José Joaquín Rojas 2010 André Greipel Luis León Sánchez Gregory Henderson 2011 Cameron Meyer Matthew Goss Ben Swift 2012 Simon Gerrans Alejandro Valverde Tiago Machado 2013 Tom Slagter Javier Moreno Bazán Geraint Thomas 2014 Simon Gerrans Cadel Evans Diego Ulissi 2015 Rohan Dennis Richie Porte Cadel Evans 2016 Simon Gerrans Richie Porte Sergio Henao 2017 Richie Porte Esteban Chaves Jay McCarthy 2018 Daryl Impey Richie Porte Tom Slagter 2019 Daryl Impey Richie Porte Wout Poels 2020 Richie Porte Diego Ulissi Simon Geschke
Palmarés Feminino Ano Gañador Segundo Terceiro 2016 Katrin Garfoot Shelley Olds Lauren Kitchen 2017 Amanda Spratt Janneke Ensing Kirsten Wild 2018 Amanda Spratt Lauren Stephens Katrin Garfoot 2019 Amanda Spratt Lucy Kennedy Rachel Neyland 2020 Ruth Winder Liane Lippert Amanda Spratt
Palmarés por países País Vitorias 11 2 2 1 1 1
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Competicións de ciclismo de Australia Categoría:Probas do UCI ProTour Categoría:Probas do UCI WorldTour