Óscar Lojo Sampedro, coñecido como Óscar Lojo-Batalla Sampedro, nado en Vilouta (Ames) en 1873 e finado no mesmo lugar o 6 de abril de 1963, foi un político galego.

Traxectoria

Fillo do médico Batalla e sobriño de Casto Sampedro Folgar. Emigrou a Buenos Aires sendo novo. Retornou na década dos vinte. Custeou do seu peto a escola de Tapia.El Compostelano, 16-4-1929, p. 1. Foi nomeado alcalde de Ames en outubro de 1930,El Pueblo Gallego, 22-10-1930, p. 9. e elixido en 1931 coa República. Creou varias escolas, colaborou con Cruz Gallástegui e a Misión Biolóxica de Galicia e creou en Barouta unha feira de gando e produtos do campo.El Compostelano, 12-10-1935, p. 1. Foi cesado en agosto de 1936. Afeccionado a arqueoloxía, descubriu varios petróglifos e atopou pezas de cantería ou lápidas en Troitosende e na contorna da capela da Madalena, que doou ao Museo de Pontevedra. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Tapia o 6 de abril de 1963.El Correo Gallego, 7-4-1963, p. 2, 13.

Recoñecementos Os veciños dedicáronlle un busto que se instalou diante da antiga escola de Tapia en 1969.O petróglifo de Labanquiños en Ames 74 anos despois

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía Ames, 1936: Chegou a noite despois da luz e o progreso

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Filántropos de Galicia Categoría:Alcaldes de Ames Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración

Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en Ames

Categoría:Nados en 1873

Categoría:Finados en 1963

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega