A ermida de Nosa Señora da Asunción do Burgo, máis coñecida dende o século XVIII como capela de Santa Marta do Burgo, é unha capela do barrio costeiro do Burgo, na parroquia de Santa Mariña de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.
Arquitectura Conserva vestixios do románico de transición. Pódese datar de finais do século XII e comezos do XIII. miniatura|Placa. É de planta rectangular cunha soa nave. A cuberta é a dúas augas. A fachada occidental ten unha porta de medio punto formada por 12 doelas, probablemente do século XVI. A espadana é sinxela e pequena, cun só oco. A porta sur e os canzorriños conservan o estilo románico. A sancristía foi engadida na reforma do XVIII.
Ó longo do tempo sufriu moitas modificacións, debido a que foi saqueadas polos ingleses, entre eles o pirata Francis Drake en maio de 1585.
Santa Marta Santa Marta é venerada nesta capela con gran devoción. O día 15 de agosto, celébrase unha romaría. Santa Marta dálle nome á península, ó castro e á praia.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Capela de Santa Marta de O Burgo en Turgalicia.
Burgo Categoría:Baiona Burgo