A Praza do Paraíso era unha praza medieval de Santiago de Compostela, que se localizaba entre o mosteiro de San Martiño Pinario e a porta norte da Catedral de Santiago de Compostela á que servía de adro, ademais era o final do Camiño de Santiago.
A praza descríbese no Códice Calixtino como un lugar empedrado no que se xuntaban habitualmente os comerciantes e artesáns da cidade. Unha fonte no medio da praza, construída en 1122, servía para que se bañasen os peregrinos antes de entrar na catedral.
Véxase tamén Outros artigos Praza de Cervantes Praza da Quintana
Paraiso Categoría:Santiago de Compostela sen imaxes Categoría:Historia de Santiago de Compostela Categoría:Historia medieval de Galicia