Santa Mariña de Cangas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 96 habitantes (51 homes e 45 mulleres), distribuídos en tres entidades de poboación: Cancelas, Montrigo e a mesma Cangas; o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Economía Cangas vive da agricultura e do gando, cunha importante poboación nova que aínda vive na parroquia. A gran maioría traballa e estuda fóra, o que traerá o avellentamento da poboación canguesa.

Patrimonio Posúe unha igrexa do século XII de importante valor arquitectónico: arquivolta semicircular, columnas lisas e monolíticas, vestixios das dúas portas laterais e unha soa nave. Conta tamén con dúas capelas e varios cruceiros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Cangas

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Cangas na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña