Sanxurdo de Cristimil é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 177 habitantes (91 homes e 86 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 192 habitantes.
No lugar de Sanxurdo fundouse a Banda de música de Sanxurdo. Ademais, nesta parroquia naceu o agrarista Ramón González Vigide.
Patrimonio O castro de Cristimil está composto por un recinto de planta oval. Ten as seguintes dimensións: no eixo NO-SL mide 60 m (interior) e uns 95 m (exterior). O eixo N-S mide 75 m (interior) e 90 m (exterior); se se inclúe o foxo neste eixo, chega aos 115 m. O terraplén rodea todo o recinto pero non se conserva na zona oeste, mentres que na leste se aprecia nalgúns treitos. Ten un caída máxima duns 11 m cara ao norte. Conserva parapeto nas zonas nordés, leste, sur e arranque de sueste, acadando unha altura duns 9–10 m respecto da superficie da coroa. Un foxo rodea os sectores meridional e oriental do recinto, aínda que neste lado está moi modificado polo trazado da estrada PO-6004. Hai unha entrada recente -que corta o parapeto- polo suroeste que dá acceso ás leiras cultivadas no interior da coroa.Ficha arqueolóxica do castro de Cristimil .
Xeografía En Cristimil únese o río Asneiro ao Deza.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cristimil
Parroquias de Lalín
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín Ligazóns externas Cristimil na web do concello de Lalín
Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Sanxurdo