Olga Fabello García, nada en Ourense en 1973, é unha política galega.
Traxectoria
Diplomouse en Relacións Laborais pola Universidade de Vigo, e profesionalmente traballa no campo da orientación laboral.
En 2014 foi elixida como responsable de UPyD na cidade de Ourense, e en maio de 2015 encabezou a candidatura desta formación ás eleccións municipais pola cidade ourensá, se ben non conseguiu acta de concelleira con menos do 1% dos votos. Uns meses máis tarde volveu encabezar a candidatura de UPyD, desta vez ás eleccións xerais, pola provincia de Ourense.
Notas
Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Nados en Ourense Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes