Os Winnipeg Warriors foron un equipo júnior de hóckey sobre xeo da cidade de Winnipeg (Manitoba, Canadá) que xogou na Western Hockey League. O equipo foi fundado como equipo de expansión en 1980, mais sufriu problemas de asistencia ao competir cos Winnipeg Jets da National Hockey League (NHL), e finalmente trasladouse a Moose Jaw (Saskatchewan, Canadá) en 1984, converténdose nos Moose Jaw Warriors. Durante o tempo que xogaron en Winnipeg, o equipo xogou os seus partidos como local no Winnipeg Arena.
Nas catro tempadas que o equipo permaneceu na capital de Manitoba tan só conseguiu clasificarse nunha ocasión para os play-offs, feito que ocorreu na tempada 1982-83, cando foron barridos na primeira rolda polos Lethbridge Broncos por 3-0 na serie. O rexistro dos Warriors na tempada 1983-84 de 9-63-0 é o segundo peor rexistro para unha tempada de 72 da historia da liga, e tan só os Victoria Cougars conseguiron un rexistro peor co seu 5-65-2 da tempada 1989-90.
Títulos de División: Ningún Campión da liga regular: Ningún Títulos da WHL: Ningún Memorial Cups: Ningunha
Tempadas Lenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, D = Derrotas, E = Empates, Pts = Puntos, GF = Goles a favor, GC = Goals en contra
Season PX V D E Pts GF GC Pos. Play-offs 1980–81 72 28 43 1 57 298 345 7th East Non clasificado 1981–82 72 23 48 1 47 285 388 8th East Non clasificado 1982–83 72 42 30 0 84 347 321 4th East 15px 0-3 Lethbridge Broncos 1983–84 72 9 63 0 18 239 580 8th East Non clasificado
Ex xogadores na NHL Darren Boyko Randy Gilhen Mike Keane Mick Vukota Richard Zemlak
Notas
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo desaparecidos do Canadá Categoría:Equipos desaparecidos da Western Hockey League