Encallados é un telefilme galego de comedia dirixido por Alfonso Zarauza que se estreou no ano 2013. Foi rodado en branco e negro con formato de 16 mm. Está protagonizado por Xúlio Abonjo, Federico Pérez, Ricardo de Barreiro e Farruco Castromán, quen tamén foi produtor executivo. O filme tamén conta coas aparicións especias de Luís Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez. Nos Premios Mestre Mateo 2013, foi galardoado con tres premios nas categorías de mellor filme para televisión, mellor montaxe e mellor fotografía. Tamén estivo nomeado nas categorías de mellor director para Zarauza e mellor actor para Abonjo.
Sinopse Conta a historia dun director de cinema que ten que reescribir o guión dun filme en poucas semanas. Para iso conta coa axuda de dous guionistas recoñecidos, mais o proxecto non semella avanzar como debera. Durante o proceso enfróntanse a presións externas e as limitadas posibilidades de produción.
Personaxes Federico Pérez como Pato Xúlio Abonjo como Alfonso Ricardo de Barreiro como Andy Farruco Castromán como Farruco Luís Tosar Marcos Pereiro Patricia Vázquez
Produción Encallados rodouse no mes de maio de 2012 en Santiago de Compostela. O proxecto foi subencionado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de filmes en galego con maior recadación Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Alfonso Zarauza Categoría:Filmes de ZircoZine Categoría:Filmes rodados en Santiago de Compostela