miniatura|400px|dereita|A 1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita: , , , , , , , e . De pé, de esquerda a dereita: , , , , , , , , , , , , , e . O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.

Antecedentes Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos da física, a química, a paz, a fisioloxía ou a medicina e a literatura. Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895.Sohlman (1983), p. 7 Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns de coroas suecas (2,9 millóns de dólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel. Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado polo Storting (Parlamento noruegués).

Os executores do seu testamento foron Ragnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros electos pola Academia Real.

Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron: Karolinska Institutet o 7 de xuño, a Academia Sueca o 9 de xuño e a Real Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo rei Óscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.

Características De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia «(...) á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física». Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel,

Estatísticas (até 2024) Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942 polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.

Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres: Marie Curie en 1903, Maria Goeppert Mayer en 1963, Donna Strickland en 2018, Andrea Ghez en 2020 e Anne L’Huillier en 2023; e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións, John Bardeen, en 1956 e 1972.

O máis novo en recibilo foi William Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foi Arturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.

Familiares galardoados O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie e Pierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos: Sir William Henry Bragg xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915; Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu fillo Aage Niels Bohr no 1975; Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu fillo Kai M. Siegbahn en 1981 e Joseph John Thomson en 1906 mailo seu fillo George Paget Thomson en 1937.

Premiados