Don Juan Manuel,Juan Manuel, infante don Nobre e escritor castelán (1282-1348). A súa obra, de carácter didáctico e novelesco, exalta o ideal cristián e cabaleiresco... Diciopedia do século 21.Juan Manuel (Escalona 1282 - Córdoba 1348) Escritor. Sobriño de Afonso X o Sabio, entregouse ás letras, ás armas e á política... Enciclopedia Galega Universal.Don Juan Manuel (1282-1348), escritor español, uno de los narradores más originales de la literatura medieval española... Encarta, DVD, 2009 .Juan Manuel, Infante don (1282-1348) Noble y escritor español nacido en Escalona (Toledo) el 5 de mayo de 1282 y fallecido en Murcia el 13 de junio de 1348. Con su obra El conde Lucanor, se convirtió en el prosista más importante de la literatura medieval... Enciclopedia Universal Micronet, DVD, 2006 .Juan Manuel, Don (1282-1348). Escritor español, n. en Escalona... Nuevo diccionario enciclopédico ilustrado CIL-Durvan, 1996, . nado en Escalona o 5 de maio de 1282 e finado en Córdoba o 13 de xuño de 1348,Andrés Jiménez Soler na páxina 1 do seu libro Don Juan Manuel, di: "El infante Don Manuel... volvió a casar con Doña Beatriz de Saboya, y de ella le nació, en Escalona, un hijo el 6 de mayo de 182, el cual, por la festividad del día, San Juan ante Portam Latinam, fue bautizado con el nombre de Juan", foi un nobre e escritor en lingua castelá. Foi un dos principais representantes da prosa medieval de ficción, principalmente pola súa obra El conde Lucanor, conxunto de contos morais (exempla) que se intercalan con varias modalidades de literatura sapiencial.

Tivo os títulos simultáneos de duque e príncipe de Villena e señor de Escalona, Peñafiel, Cuéllar, Elx, Cartaxena, Lorca, Alcocer, Salmerón, Valdeolivas e Almenara. Foi amais mordomo maior dos reis Fernando IV e Afonso XI, adiantado maior de Andalucía e adiantado maior de Murcia.

Durante a última etapa da minoría de idade do seu sobriño, Afonso XI de Castela, foi titor do rei co infante Filipe de Castela e Juan el Tuerto.

Traxectoria Don Juan Manuel naceu no Castelo de Escalona, na actual provincia de Toledo. A súa última carta, datada no Castelo de Garcimuñoz o 12 de outubro de 1348, demostra que faleceu despois do 5 de maio, data que na maior parte dos libros se sostén como a oficial da súa defunción.

Por ser fillo do infante Manuel de Castela, era sobriño do rei Afonso X o Sabio e neto de Fernando III o Santo. Ficou orfo de pai en 1283 e de nai en 1290, cando tiña oito anos, e o seu titor foi o rei Sancho IV de Castela. Herdou do seu pai o gran señorío de Villena, e o de Escalona; Peñafiel foi unha doazón de Sancho IV por mor do seu nacemento. Posteriormente, en 1330, recibiu o título vitalicio de príncipe de Villena mercé de Afonso IV de Aragón.

A súa biografía é ben coñecida grazas aos traballos de Andrés Giménez Soler e Aurelio Pretel Marín. Foi educado como un nobre, en artes como a equitación, a caza ou a esgrima, mais os seus aios preocupáronse de que aprendese amais latín, historia, dereito e teoloxía; desta completísima educación hai recordos no capítulo LXVII do seu Libro de los estados. Aínda que nalgunhas ocasións proclamábase leigo nas súas obras, esa declaración era convencional e obedecía ao tópico da humildade, para compartir a ignorancia do seu público por cortesía pedagóxica; en realidade era un sabio con coñecementos enciclopédicos, que dominaba o latín e o italiano, aínda que non o grego.

A súa relixiosidade era de inclinación tomista, vinculada á orde de San Domingos. Literariamente, a súa formación incluíu a lectura de diversos poemas do mester de clerecía (Libro de Alexandre, Libro de Apolonio...), os tratados de Raimundo Lulio, a obra de Afonso X (especialmente, a Estoria de España), varios libros doutrinais como a Disciplina clericalis de Pedro Alfonso, e coleccións de sentenzas, proverbios e ditos de sabios traducidos de linguas orientais ou do latín ao castelán (Calila e Dimna, Sendebar...), etc.

Era un grande afeccionado á caza, disciplina á que dedica por enteiro o Libro de la Caça. Nel descríbese a fauna de gran parte dos seus señoríos, pois coñecíaa polas súas experiencias cinexéticas, especialmente a caza con falcóns. No devandito libro tamén realiza descricións xeográficas dos termos municipais que menciona.

Cando tiña oito anos perdeu os seus pais e puido dispor do amplo patrimonio da súa familia; aos seus doce anos participou na guerra para conter o ataque dos mouros de Granada contra Murcia. Na loita dinástica suscitada en Castela por causa da morte de Fernando de la Cerda, primoxénito de Afonso X o Sabio, don Juan Manuel estivo sempre a favor de Sancho IV, como tamén estivera o seu pai, e o rei correspondeu a esta lealdade concedéndolle a súa protección. Casou tres veces, escollendo as súas esposas por conveniencia política e económica e, cando tivo fillos, esforzouse por casalos con persoas pertencentes á realeza. A primeira das súas esposas foi Isabel, filla de Xaime II de Mallorca, con quen casou en 1299; porén, faleceu dous anos máis tarde. Ao morrer Sancho IV de Castela incumpriu a súa promesa de protexer á raíña rexente María de Molina na minoría de idade do futuro Fernando IV: oprimiunos con todo tipo de esixencias e mostrouse pouco fiel, buscando a alianza de Xaime II de Aragón, para iso pediulle en 1303 a man da súa filla Costanza, que aínda tiña seis anos, polo que quedaría recluída no castelo de Villena durante outros seis anos, ata casar con ela en 1311, cando cumpriu doce anos. Durante a minoría de idade de Afonso XI foi corrixidor do reino ata que o propio monarca obrigouno a deixar o cargo.

En outubro de 1325 foi nomeado por Afonso XI Adiantado maior de Andalucía, e o día 29 de agosto de 1326 derrotou os granadinos e o xeneral meriní Abu Said Utman ben Abi-l-Ula, máis coñecido entre os casteláns como Ozmín, na batalla de Guadalhorce, onde morreron uns 3000 musulmáns.

Durante o reinado de Afonso XI mostrou o seu carácter inquieto e rebelde, por exemplo cando se anoxou porque o rei non quixo casar coa súa filla Costanza e declaroulle a guerra coa axuda do rei de Granada; feitas as paces, recobrou o cargo de Adiantado maior de Murcia que perdera con esa situación e, xa viúvo, volveu a casar, en terceiras nupcias, con Blanca Núñez de Lara; entón tivo outro enfrontamento co rei Afonso XI, a quen non quixo achegar as súas mesnadas para cercar Xibraltar; tras unha nova reconciliación, volveu atopar un motivo de queixa laboriosamente inventado e acusou o rei de non permitir que a súa filla Costanza casase co infante Pedro, futuro rei co nome de Pedro I de Portugal; recobrou a graza real a tempo para participar na importante batalla do río Salado contra os benimerines e na ulterior conquista de Alxeciras.

miniatura|340px|Extensión do Señorío de Villena en tempos de don Juan Manuel, arredor de 1340.

Don Juan Manuel converteuse nun dos homes máis ricos e poderosos da súa época: amais de manter el só un exército de mil cabaleiros, por un tempo chegou a cuñar, como os reis, a súa propia moeda; para iso dispuxo unha fábrica de cuñaxe na súa aldea de El Cañavate (Cuenca). Esta actividade molestou tanto a Afonso XI como aos reis de Aragón. As moedas que se conservan pon no anverso a lenda "SANTA ORSA" e no reverso "A DEPICTA VIA CON", que se refire á súa filla Costanza.

O autor de El conde Lucanor compaxinou durante toda a súa vida as súas actividades de escritor coas de nobre cabaleiro, mais no seu ambiente houbo críticas sobre a súa vocación literaria, pois coidábase que un nobre tan alto non debía dedicarse a tales actividades. Mais o pracer que achaba na escritura e a utilidade que vía para os outros nela, levárono a proseguir a súa actividade literaria.

Na súa época o trono de Castela estivo ocupado por dous monarcas que incluso chegaron a proxectar matalo: Fernando IV e Afonso XI; porén, o último destes pediu a man da súa filla Costanza só como mera manobra política para conservar a súa fidelidade, pois despois foi postergando o matrimonio e repudiouno cando xa estaba concertado, confinando a moza no castelo de Toro; o Rei non só repudiou a súa filla, senón que non lla devolvía nin lle concedía licenza para viaxar a Portugal e casar co infante Pedro. Estas discordias entre rei e vasalo duraron polo menos unha década e polo menos en dúas ocasións don Juan Manuel foi apresado polo monarca; porén, a necesidade do rei de asegurar a paz interior para poder enfrontar ao rei de Marrocos e a mediación de Juana Núñez, sogra de don Juan polo seu terceiro matrimonio, conseguiron que o rei devolvese a don Juan Manuel os seus bens embargados e os outro honores en 1337, pondo fin a esta inimizade, o que se consolidou por fin coa autorización para a voda de Costanza, e cara ao 1340 ambos se aliaron contra os musulmáns na batalla do río Salado e arrebatáronlle a cidade de Alxeciras despois dun longo asedio.

Participou nas cortes de Alcalá, onde interveu no incidente protocolario que deu orixe á famosa frase, atribuída a Afonso XI, Por Castilla hablaré yo.

Despois destes acontecementos, o infante don Juan Manuel deixou a vida política e retirouse ao Castelo de Garcimuñoz, onde pasou os seus últimos anos entregado á literatura. Orgulloso das súas obras, decidiu reunilas todas nun só volume, que deixou no convento de San Paulo en Peñafiel para que non sufrisen as alteracións dos copistas.

Don Juan Manuel faleceu na cidade de Toledo en 1345 aos 70 anos de idade.

Sepultura Despois da súa defunción na cidade de Córdoba, o cadáver de Don Juan Manuel foi trasladado á vila de Peñafiel, onde foi sepultado no convento de San Paulo, que o propio escritor fundara en 1318 coa intención de que cando morrese os seus restos repousasen na capela maior da igrexa conventual.

Porén, en 1955 achouse unha caixa de madeira na igrexa do convento de San Pablo na que apareceron uns restos humanos, que foron identificados por diversos historiadores como os restos de Don Juan Manuel, pois ao limpar o muro de pedra apareceu, escondida baixo unha grosa capa de xeso a seguinte inscrición,Diario ABC. 16 de xaneiro de 1955, p. 33. que tamén foi consignado en séculos pasados por outros historiadores:Antonio Benavides Fernández de Navarrete tamén consignou o epitafio de Don Juan Manuel nas súas Memorias de don Fernando IV de Castilla: «Aquí yace el ilustre Señor D. Juan Manuel, Fijo del muy ilustre señor infante Don Manuel y de la muy esclarecida sennora doña Beatriz de Saboya, Duque de Peñafiel, Marqués de Villena, Abuelo del muy poderoso Rey y sennor de Castilla y de León, Don Juan primero de este nombre. Finó en la ciudad de Córdova el año del nascimiento Salvador de 1362». Porén, o propio Benavides x advertíu que a data da morte de Don Juan Manuel sinalada no epitafio era errónea. Cfr. Benavides (1860), p. 351.

Fortunato Escribano de la Torre tamén asegurou que os restos do magnate apareceron en 1955 no convento de San Pablo de Peñafiel, e na actualidade eses restos repousan nunha pequena arqueta de pedra adornada co escudo de Don Juan Manuel e colocada no mesmo lugar onde apareceron e baixo o epitafio mencionado anteriormente.

Matrimonios e descendencia Casou tres veces. A súa primeira esposa foi Isabel de Mallorca, filla do rei Xaime II de Mallorca de quen enviuvou aos dezanove anos sen deixar descendencia deste matrimonio. Posteriormente contraeu un segundo matrimonio coa infanta Costanza de Aragón, falecida no Castelo de Garcimuñoz en 1327 e filla do rei Xaime II de Aragón e de Branca de Nápoles, con quen tivo tres fillos: Costanza Manuel de Villena (1323-1345). Casou con Pedro I de Portugal, e foi a nai do rei Fernando I de Portugal. Morreu de puerperio despois de dar a luz ao seu fillo. Beatriz Manuel de Villena, quen morreu nova. Manuel de Villena. Morreu moi novo, e segundo Xaime II por ser criado de acordo cos criterios dos médicos xudeus. A súa terceira esposa foi Blanca Núñez de Lara, filla de Fernando de la Cerda e de Juana Núñez de Lara, con quen tivo outros dous fillos: