José Suárez Fernández, nado en Allariz en 1902 e finado na Guarda o 5 de xaneiro de 1974, foi un fotógrafo galego.Sougez, M. L.; Pérez Gallardo, H. (2003): Diccionario de historia de la fotografía. Madrid, Ediciones Cátedra. ISBN 9788437620384. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central a través da súa visión persoal. Con todo, algúns autores inclúen a súa obra na Nova Obxectividade.

Traxectoria Aos 19 anos, mentres estudaba Dereito en Salamanca, comezou a colaborar na revista Vida Gallega. Por entón tamén realizou curtametraxes cinematográficas. En 1932 publicou o libro 50 fotos de Salamanca, con prólogo de Miguel de Unamuno. Fixo reportaxes sobre actividades profesionais, como oleiros, telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros. En 1935 comezou a rodar o documental Mariñeiros na Comarca do Morrazo, pero non chegou a rematalo por mor da guerra civil española.López Mondéjar, P. (2005): Historia de la fotografía en España. Fotografía y sociedad desde sus orígenes hasta el siglo XXI. Barcelona, Lunwerg editores. ISBN 9788447851927. Páx. 263 e 440. A finais de 1936 emigrou a Buenos Aires.

Comezou a traballar como fotoxornalista no diario arxentino La Prensa.Sougez, M.L.; García Felguera, M.A.; Pérez Gallardo, H.; Vega, C. (2009): Historia general de la fotografía. Madrid, Ediciones Cátedra. ISBN 978-84-376-2344-3. En 1950 trasladouse a Punta del Este (Uruguai), e tres anos máis tarde marchou ao Xapón como correspondente dos periódicos La Prensa e El Día. O Xapón tivo unha grande influencia na súa vida, e tralo seu regreso a América en 1956 deu a coñecer o teatro Nō a través de conferencias, traducións e a exposición Vislumbre de Japón. Colaborou coa revista Life e con US Camera.

En 1959 regresou a España, mais atopou dificultades para dar a coñecer o seu traballo. En 1965 publicou un libro sobre A Mancha baseado nunha serie fotográfica en branco e negro que foi moi valorad.aLa Mancha. Ficha do libro (reedición de 2005) na web do Instituto Cervantes. En 1966 publicou no Reino Unido un libro sobre a tauromaquia titulado The Life and Death of the Fighting Bull. En 1982 publicouse o libro póstumo Galicia: terra, mar e xentes, con 161 fotografías."Rafael Dieste: una visión literaria y ensayística de Galicia" , artigo en ABC, 30 de xaneiro de 1982 .

No ano 2015 o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura organizou unha exposición monográfica sobre o fotógrafo baixo o título José Suárez, uns ollos vivos que pensan. A exposición percorreu posteriormente varias cidades, Nova Deli, A Coruña, Madrid, Buenos Aires, París, Tokyo e Salamanca.

A Real Academia Galega de Belas Artes elixiu a José Suárez como o homenaxeado do Día das Artes Galegas 2026, que se celebrará o 1 de abril, data na que o Mestre Mateo dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá no ano 1188.

Obra 50 fotos de Salamanca (1932) La Mancha (1965) The Life and Death of the Fighting Bull (1966) Galicia: terra, mar e xentes (Edicións Xerais, 1982)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas biografía na web do Instituto Cervantes Exposicións realizadas, na web Photography Now.

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Allariz Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes