San Martiño de Gargantáns é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o IGE en 2009 tiña 225 habitantes (118 mulleres e 107 homes), nove menos ca en 1999. Ten catro entidades de poboación.

Patrimonio A Lapa de Gargantáns é un menhir de pouco menos dos dous metros de altura datado entre os anos 3000 e 2000 a.C. Orixinariamente era máis alto, xa que se comprobou que a base está cortada, polo que se supón que foi trasladado desde outro sitio ata a súa localización actual. Presenta a superficie labrada, aínda que actualmente só se aprecian varias cazoletas. Aparece representado como motivo principal do escudo de Moraña.

A igrexa parroquial de San Martiño conserva a ábsida románica.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Gargantáns

Parroquias de Moraña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Moraña

Categoría:Parroquias de Moraña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño