miniatura|dereita|Imaxe de Helmut Newton sobre a súa lápida Helmut Neustädter, coñecido como Helmut Newton, nado o 31 de outubro de 1920 en Berlín e finado o 23 de xaneiro de 2004 nos Ánxeles, foi un fotógrafo australiano de orixe alemá. Está considerado un dos máis sobranceiros do século XXSougez, M.L.; Pérez Gallardo, H. (2003). Diccionario de historia de la fotografía. Madrid: Ediciones Cátedra. pp. 332–333. ISBN 84-376-2038-4. . As súas fotografías (a miúdo en branco e negra e moitas veces para a revista Vogue) caracterízanse por un ton garboso e sedutor; nelas predominan os espidos femininos e os tacóns de agulla.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Helmut Newton Foundation Helmut Newton en pHinnWeb Pictures made by Helmut Newton
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Fotógrafos de Alemaña Categoría:Fotógrafos de Australia Categoría:Finados en accidente de tráfico