Dr. George Miller, nado en Brisbane o 3 de marzo de 1945 é un director, produtor e guionista australiano, coñecido pola serie de filmes Mad Max.

Traxectoria Miller naceu en Brisbane, fillo dos inmigrantes gregos Dimitri (Jim) Castrisios Miller e Angela Balson. O seu pai modificou o seu apelido orixinal, Miliotis, a Miller cando emigraron. George ten un irmán xemelgo, John, amais doutros dous irmáns, Chris e Bill.

Miller estudou medicina na Universidade de Nova Gales do Sur. No seu último ano, el e o seu irmán Chris rodaron unha curtametraxe dun minuto coa que gañaron un premio estudantil.UNSWorld (2007) p. 15 Mentres realizaba a residencia en Sydney, Miller continuou a realizar filmes experimentais.

O primeiro filme de Miller como director foi Mad Max, salvaxes de autoestrada, financiado independentemente e que se converteu nun éxito internacional, dando lugar a varias secuelas.

A partir de 1987 centrouse máis na produción de proxectos australianos, volvendo á dirección en 1992.

Filmografía AnoFilmeAcreditado comoNotas Director Guionista Produtor Outro 1979 Mad Max, salvaxes de autoestrada 1980 The Chain Reaction Director dalgunhas secuencias sen acreditar 1981 Mad Max 2, o guerreiro da estrada Montador adicional 1983 Twilight Zone: The Movie Episodio Nightmare at 20,000 Feet 1983 The Dismissal Miniserie 1984 The Last Bastion Miniserie 1984 Bodyline 1985 Mad Max alén da cúpula do trono Codirixido con George Ogilvie 1987 As meigas de Eastwick 1987 The Year My Voice Broke 1989 Calma total Director da segunda unidade 1989 Bangkok Hilton Miniserie 1991Flirting 1992 Lorenzo's Oil 1995 Babe 1996 Video Fool for Love 1997 40,000 Years of Dreaming Documental, presentador 1998 Babe: Pig in the City 2006 Happy Feet 2011 Happy Feet Two 2015 Mad Max: Furia na estrada

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Australia Categoría:Guionistas de Australia Categoría:Nados en Brisbane Categoría:Nados en 1945