Óscar Mario "Bocha" González, nado en Montevideo o 10 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 5 de novembro de 2006Falleció a los 82 años el "Bocha" González , artigo en Autonoticias , foi un piloto de carreiras uruguaio. González participou nun Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio da Arxentina de 1956 o 22 de xaneiro de 1956, terminando en sexto lugar nunha unidade compartida co seu compatriota Alberto Uria. Non anotou puntos para o campionato.
Traxectoria Óscar Mário González, máis coñecido como "Bocha" ou "Bochita", era un apaixonado do automobilismo e un grande amigo dos pilotos arxentinos Juan Manuel Fangio e José Froilán González. Alén de vencer diversas probas na América do Sur, entre elas a 1ª Copa 19 Capitais, en 1968, tivo destacadas participacións no Torneo Triangular Sulamericano, disputado entre 1958 e 1961, con probas na Arxentina, no Brasil e no Uruguai. En , compartiu con Alberto Uria o volante dun Maserati 250F inscrito no Gran Premio da Arxentina de Fórmula 1, cualificaron no 13º posto e chegaron sextos, dez voltas atrás dos líderes. Posteriormente, tamén foi piloto oficial de Renault nas probas de turismo na Arxentina, xunto a Gastón Perkins, Carlos Guimarey e Juan Pedro García.
González faleceu en 5 de novembro de 2006 e, na súa homenaxe, a Asociación Uruguaia de Pilotos (Asociación Uruguaya de Volantes) nomeou o Gran Premio de Piriápolis daquel ano Gran Premio Óscar Mário González.
Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos Alberto Uria Maserati A6GCM/250F Maserati6 en liña ARX6* MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0
''* Indica unidade compartida con Alberto Uria
Notas
Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Uruguai Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2006