José Tojeiro Díaz, nado en Ortigueira o 11 de xullo de 1934 e finado o 4 de marzo de 2015 en Narón, foi un cidadán galego que se fixo célebre a comezo de 1990 pola súa aparición no programa de televisión Código Uno, de TVE, onde denunciaba un roubo no seu domicilio. Foi o autor da cita «me echaron droja en el Cola Cao».

Após volver de Suíza en 1993, onde emigrara por motivos laborais, José Tojeiro acudiu ao programa de Televisión Española Código Uno, presentado polo escritor Arturo Pérez-Reverte. Durante o programa Tojeiro denunciou publicamente o roubo de diñeiro en metálico no seu domicilio por parte de tres mulleres que chegaran alí os días anteriores. Segundo o seu relato María, Rosa María e María José, aproveitáronse de José Tojeiro, subtraéndolle cantidades en metálico en diversas ocasións, tanto de francos suízos coma de pesetas.

Posteriormente, un vídeo de José Tojeiro admitindo a suposta intoxicación a que foi sometido foi subido á plataforma YouTube, tornando axiña viral entre a comunidade de internautas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fenómeno viral

Categoría:Personalidades de Galicia Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Cariño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes