Eragrostis tef (Zucc.) Trotter, coñecida polos nomes comúns de teff ( ṭēff; tigriño: ጣፍ ṭaff) ou xaafii (en oromo), é unha planta anual nativa das terras altas do Etiopía e Eritrea no Corno de África.Lewis Aptekar (2013) In the Lion's Mouth, XLibris LLC, ISBN 978-1-4836-9519-8. É un cereal común en Etiopía e na Eritrea, mais pouco coñecido noutras partes do mundo, constituíndo a base da injera, o prato nacional etíope. A etimoloxía popular liga a palabra "teff" á raíz etio-semítica "ṭff", que significa "perdido" (aparentemente debido ao pequeno tamaño do gran).

Orixes Crese que o seu cultivo tivo inicio en Etiopía entre 4.000 e 1.000 a.C.. Estudos xenéticos apuntan a especie Eragrostis pilosa como o seu antepasado salvaxe máis probábel.

No século XIX foron identificadas sementes de teff nun sitio arqueolóxico exípcio. Hoxe tal identificación é considerada dubidosa. As sementes en cuestión xa non están dispoñíbeis para estudo e probabelmente serían dunha gramínea salvaxe común no Exipto.

Características É resistente a climas rigorosos quentes e secos. Cultívase tamén en solos alagados.

Presenta maior produtividade en altitudes de 1800 a 2000 metros con 450 a 550 milímetros de choiva e temperaturas entre 10 e 27 °C.

É unha semente pequena con coloracións variadas (do branco pasando polo vermello até o marrón escuro). As variedades máis claras posúen un sabor máis suave pero todos son igualmente nutritivos.

Grazas ao seu pequeno tamaño (preto de 1 milímetro de diámetro) e a súa facilidade de cultivo favoreceu un estilo de vida semi-nómade.

Valor nutricional

O gran ten unha concentración elevada e variada de nutrientes: calcio, ferro, cobre, aluminio, bario, fósforo e tiamina. É rico en carbohidratos. O ferro contido no teff é facilmente absorbido polo organismo.

Posúe elevado contido de proteínas. Crese que ten unha composición de aminoácidos excelente (todos os oito aminoácidos esenciais para os seres humanos). Ten niveis de lisina máis elevados ca o trigo ou o orxo.

Estimula a flora intestinal. Non contén glute, polo que é apropiado para aqueles con intolerancia ao glute (doenza celíaca).

Cultivo O teff é intensamente cultivado nos altiplanos de Etiopía, que é o maior produtor mundial (o teff é responsábel de aproximadamente un cuarto da produción total de cereais deste país) e tamén en Eritrea, na India e en Australia.

Consumo Tradicionalmente, o teff úsase na cociña de Etiopía e de Eritrea para a preparación dun tipo de pan plano, o injera. Ethiopianrestaurant - Injera. Páxina visitada o 23 de outubro de 2010. Coisinhasdabarbara - Receita de Injera. Acceso o 23 de outubro de 2010.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Quinoa Bibliografía Germer, Renate (1985). Flora des pharaonischen Ägypten. Mainz: von Zabern. ISBN 3-8053-0620-2. National Academy of Sciences. Lost crops of Africa. Volume I: Grains. Washington, D.C.: National Academies Press, 1996. ISBN 0-309-04990-3 Ligazóns externas http://www.celiacos.com/2008/07/01/teff-nuevo-cereal-sin-gluten-para-celiacos/

Categoría:Eragrostis Categoría:Flora de África Categoría:Cereais Categoría:Cultivos Categoría:Gastronomía de Etiopía