miniatura|Retrato de Catarina de Alexandría, de Bernardino Luini (Museo Nacional de Arte de Azerbaidján.) CatarinaVariante do nome en galego en Diccionario galego-castelán, Leandro Carré Alvarellos (1951): Terceira Edizón, A Coruña, Roel é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita é común co portugués, co asturiano e co italiano. A súa orixe é o grego (Αἰκατερίνα, de katharós 'puro', co significado de 'pura', 'inmaculada', 'graciosa'). En galego tamén conta coas variantes Cateliña, Catalina e Cataliña, e o hipocorístico Catela. Tamén existe a variante Catuxa, moi documentadaXa aparece nos escritos de Frei Martín Sarmiento do século XVIII coa escritura antiga Catuĵa: Martín Sarmiento (1746-1770): Colección de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca, 1970) e usada tamén como diminutivo. É popular nos países cristiáns, xa que foi o nome dunha das primeiras santas cristiás, Catarina de Alexandría.
En xaneiro de 2023 existían 163 mulleres en Galicia co nome Catarina, cunha media de idade de 30,3 anos,Nome Catarina na Web do Instituto Galego de Estatística 209 co nome Catuxa, cunha media de idade de 24,4 anos,Nome Catuxa na Web do Instituto Galego de Estatística e 987 co nome Catalina, cunha media de idade de 38,8 anos.Nome Catalina na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Cateliña ou Cataliña.
Orixe e significado O nome provén do grego ou Αἰκατερίνη (Aikaterina, Aikaterinē), de etimiloxía descoñecida. A primeira referencia de uso do nome é a de Santa Catarina de Alexandría. A teoría de que o nome vén de Hécate, nome da deusa grega da maxia, disque é improbábelPatrick Hanks e Kate Hardcastle, eds., Oxford Dictionary of First Names, 2nd ed. (Oxford: Oxford University Press, 2006), 154..
O nome asóciase tamén co adxectivo grego καθαρός (katharos), que significa "puro", que leva á escritura das variantes inglesas do nome Katharine (máis frecuente nos Estados Unidos) e Katherine (máis corrente en Gran Bretaña). A forma cun e no medio (Caterina) documéntase tamén en galego.
O nome en Galiza Existen tres parroquias en Galiza onde Santa Catarina é padroa, unha delas coa variante do nome Catalina (véxase: Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catarina e Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Catalina).
Santa Catalina é tamén o nome de senllos lugares en Godos (Caldas de Reis) e Buño (Malpica de Bergantiños). Ademais, Santa Cateliña é un lugar da parroquia do Mundil (Cartelle); e Santa Cataliña é un lugar da parroquia de Tal (Muros).
En xaneiro de 2016, 147 mulleres levaban o nome de Catarina en GalizaCatarina no Instituto Nacional de Estadística. A variante Catuxa lévana 65 mulleres en GalizaCatuxa no Instituto Nacional de Estadística.
Santoral 29 de abril: Santa Catarina de Siena.
25 de novembro: Santa Catarina de Alexandría.
Diminutivos Galego: Catuxa, Cata, Catia. InglésEngadimos os diminutivos en inglés por ser moi comúns na ficción que chega a Galiza: Katie, Katy, Kate, Kathy, Kathe, Kath, Kay, Kat, Katya, Katyusha, Kitty, Kit, Kasia, Kaya, Kaká, Kah, Kee e outros.
Variantes noutras linguas A forma Catarina é tamén a forma común do nome en portugués, asturiano, occitano e italiano.
Variantes noutras linguas Albanés Katrina Alemán Katharina Aragonés Catalina, CaterinaEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Catala, Catalina, Catarina Bretón Katell Búlgaro Екатерина (Ekaterina) Castelán Catalina, Katia, Karen, Catina Catalán Caterina Checo Kateřina Croata Katarina Dinamarqués Katharina Eslovaco Katarína Esloveno Ekaterina Estoniano Katariina Éuscaro Katarin, Katalin, Katixa Finés Katariina Francés Catherine Galego Catarina, Catuxa Grego Αικατερίνη (Aikaterínê) Holandés Catharina, Katrijn Húngaro Katarina, Katalin Inglés Katherine, Catherine, Karen, Katie Irlandés Caitríona, Caitrín, Catraoine, Caitlín Islandés Katrín Italiano Caterina Latín Catharina Letón Katrīna Lituano Katerina Noruegués Katarina Polaco Katarzyna Portugués Catarina, Catalina Romanés Ecaterina, Catalina Ruso Екатерина (Yekaterina), Каренина (Karenina), Катя (Katya) Sardo Catalìna Sueco Katarina Ucraíno Катерина (Kateryna) Xeorxiano ეკატერინე (Ekaterine)
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega Bibliografía
Categoría:Nomes femininos de orixe grega Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos asturianos Categoría:Nomes femininos italianos Categoría:Nomes femininos portugueses