Carlos Alberto Menditeguy, nado en Buenos Aires o 10 de agosto de 1914 e finado o 27 de abril de 1973 foi un piloto de carreiras e xogador de polo arxentino. Participou en 11 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula Un, logrando un podio, e anotando un total de nove puntos de campionato.

Traxectoria Foi todo un deportista. No polo chegou ao maior hándicap posible, 10. Unha vez apostou que en só tres meses lograría ser scracht, é dicir, lograr a suma ideal de golpes, o par do campo. Roberto De Vicenzo comentou: "Souben desa aposta e dixen 'non o consegue nin tolo'. Pero fíxoo e é marca mundial".

Menditeguy foi enterrado no Cemiterio de La Recoleta en Bos Aires.

Brigitte Bardot Estábase por disputar un dos Grandes Premios de Fórmula 1 do ano 1956 e Carlos Menditeguy era un dos pilotos oficiais da casa Maserati. O arxentino sen aviso previo, faltou á cita nos adestramentos e tamén para a carreira. Os directivos da marca, atónitos e cheos de preocupación, non se explicaban o ocorrido. Pouco despois a causa saíu á luz. Charly estaba na Costa Azul en compañía dunha famosa actriz francesa: Brigitte Bardot. Obviamente, iso causou a desafectación do equipo por indisciplina. Con todo, coa maior naturalidade contestou: non era unha oportunidade para desprezar ¿non?.

Resultado completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Equipe Gordini Gordini Type 16 Gordini 6 en liña ARXRet 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Onofre Marimón Maserati A6GCM/250F Maserati 6 en liña ARXNTS 500 BEL FRA GBR ALE SUI ITA ESP NC 0 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARXRet MON 500 BEL NED GBR ITA5 19º 2 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARXRet MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA NC 0 Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARx3 MONRet 500 FRARet GBRRet ALE PES ITA 14º 4 Scuderia Sud Americana Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX7 MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR NC 0 Scuderia Centro Sud Cooper T51 Maserati Straight-4 ARX4 MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA 19º 3

Notas

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Centro Sud Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Xogadores de polo