Sabela Labraña Barrero, nada en Cedeira o 28 de outubro de 1952 e finada en Barcelona o 26 de decembro de 2015, foi unha mestra e lingüista galega.
Traxectoria Estudou maxisterio e diplomouse de ensino primario na Universidade de Santiago de Compostela en 1974. Nos seus destinos como docente foi dar a Madrid (1977) e logo en 1979 a Santa Coloma de Gramenet. (Barcelona). Na cidade de Barcelona estableceuse e proseguiu a súa formación. Na Universidade de Barcelona licenciouse en Filoloxía Románica coa especialidade en galego-portugués, onde traballou con Basilio Losada. Doutorouse nesta universidade tamén, en 2005, ao tempo que desenvolvía a súa carreira pedagóxica como docente de lingua galega nesa universidade, onde permaneceu ata 2011. Regresou ao ensino secundario, onde foi docente durante catro anos máis ata a súa morte en 2015.
Como investigadora, o seu campo foi a fonética e a fonoloxía. A súa tese virou ao redor das consoantes fricativas do galego (2005). Con todo, tamén realizou investigación na sociolingüística e no contacto lingüístico entre culturas de migrantes. Tamén foi pioneira na pedagoxía da lingua galega cara aos non galego-falantes, coa creación do Proxecto Galauda, de ensino de galego na secundaria catalá, e dirixiu o primeiro manual de galego dirixido a non galegos, Vencello.
En 2017 a Asemblea Cultural Galega en Barcelona creou a Biblioteca Sabela Labraña nos locais da asociación, no Ateneu Roig de Gràcia.
En 2018 a libraría Chan da Pólvora organizou a exposición Suspensión. Unha homenaxe a Sabela Labraña, con tintas do artista Alfredo Salom, feitas a partir de poemas do libro A lentitude, de María do Cebreiro.
Obra "Usos lingüístics dels gallecs a Catalunya", en VILA I MORENO, F. (ed.): Posar-hi la base: usos i aprenentatge lingüístics en el domini català. Barcelona: Institut d'Estudis Catalans / Xarxa CRUSCAT. pp. 57–63 PDF (2012) "Transmisión interxeracional do galego no contexto multilingüe catalán", en RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, O.; CARBALLO PIÑEIRO, L.; BALTRUSCH, B. (eds.): Novas achegas ao estudo da cultura galega. II. Enfoques socio-históricos e lingüístico-literarios. A Coruña: Universidade da Coruña / Asociación Internacional de Estudos Galegos. [DVD] pp. 59–76. (2012) EuroComRom - As sete peneiras: Saber ler axiña todas as linguas románicas. Aachen: Shaker Verlag. (Amb I. Vázquez; H.G. Klein; T.D. Stegmann) (2009) "Intonation des phrases interrogatives avec l'expansion du sujet et avec l'expansion de l'objet du catalan barceloní". Géolinguistique, 10, pp. (Con D.T. Szmidt; J. Castellví; L. Aguilar). (2008) "Crea identitat la llengua gallega?", en MASSIP, À. (coord.): Llengua i identitat. Barcelona: Publicacions de la Universitat de Barcelona, pp. 83–95. (2008) "Las consonantes fricativas de la lengua gallega". Estudios de Fonética Experimental, 17, pp. 193–213. (2008) "O galego na secundaria de Catalunya. Cara a unha educación multicultural", en GONZÁLEZ, H.; LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). [DVD] pp. 803–816. (Con Concha Castroviejo Bolívar, Alexandre Fernández Nerín e Joaquín Mindán Navarro) pdf (2007) "Catalán e galego. Do coñecemento das linguas á convivencia das culturas", en GONZÁLEZ, H.; LAMA, M.X. (eds.): Actas do VII Congreso Internacional de Estudos Galegos. Mulleres en Galicia. Galicia e os outros pobos da Península. Barcelona 28 ó 31 de maio de 2003. Sada-A Coruña: Ediciós do Castro / Asociación Internacional de Estudos Galegos / Filoloxía Galega (Universitat de Barcelona). [DVD] pp. 817–830. (Con Eduard del Castillo Velasco) pdf (2007) Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia. Ensino secundario e adultos. Dir. Sabela Labraña Barrero. Cabrera de Mar: Galerada. 2a. ed. act. e corr. web (2007) "An acoustic approach to the Galician gheada", en SOLÉ, M.L.; RECASENS, D. e ROMERO, J. (ed.): Proceedings of the 15th International Congress of Phonetic Sciences. Barcelona: Universitat Autònoma de Barcelona. vol. I, pp. 945–948. (Con C. van Oosterzee). (2003) "Ampliació de la consciència lingüística plural en els alumnes a través de l'educació multicultural", en PERERA, J. (ed.): Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Ensenyar llengües en la diversitat i per a la diversitat. Barcelona: Institut de Ciències de l'Educació. pp. 251–258. (2003) Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia. Ensino secundario e adultos. Dir. Sabela Labraña Barrero. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. (2001) "Identidade e usos lingüísticos. Segunda xeración de inmigrantes galegos en Cataluña", en RIQUER, I.; LOSADA, E.; GONZÁLEZ, H. (eds.): Ensinar a pensar con liberdade e risco. Homenaxe a Basilio Losada. Barcelona: Universitat de Barcelona. pp. 463–471. (2000) "Prexuízos lingüísticos e identificación social", en ÁLVAREZ BLANCO, R.; VILAVEDRA, D. (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe a Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. pp. 519–532. (1999) Traducións Introdución á fonética: o son na comunicación humana, de Eugenio Martínez Celdrán, 2002, Galaxia. Con Silverio Cerradelo.
Vida persoal Foron nove irmáns, entre eles o escritor Carlos Labraña. Foi parella do pintor Alfredo Salom.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en 1952 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Barcelona Categoría:Finados en accidente